Novas de Xove
O concurso fotográfico ambiental de Xove xa ten gañadores nas súas tres categorías
O Concello entregará os premios e agasallos aos participantes nun acto previsto para o vindeiro venres no salón de plenos
O Memorial Héroes do Orzán reunirá na Mariña a centos de mozos futbolistas na súa décimo terceira edición
O torneo de fútbol sala base disputarase do 25 ao 29 de xuño en cinco concellos da comarca e contará cunha participación récord de equipos, deportistas e familias
O comercio local da Mariña premiará as compras cunha campaña que repartirá 1.000 euros
Burela, Xove, O Vicedo, Covas e Cervo participan nunha iniciativa para incentivar as vendas e reforzar o consumo de proximidade entre o 1 e o 15 de xuño
O PSOE de Xove levará ao Pleno as demandas sobre a auga, a vivenda e os proxectos pendentes do municipio
Os socialistas pedirán explicacións sobre a rede de abastecemento, o Portiño de Morás, o acceso á vivenda e diversos servizos municipais na sesión do 1 de xuño
Xove abre as inscricións para participar na Romaría do San Antonio Ventureiro da Rigueira 2026
A celebración, recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia, volverá reunir camiñantes e animais de compañía o vindeiro 13 de xuño
Xove acollerá a final do Campionato Provincial de natación cunha xornada que reunirá a clubs de toda a provincia
A piscina municipal será escenario o 23 de maio dunha competición na que participarán equipos de Monforte, Lugo e Xove nunha cita destacada do calendario deportivo provincial
Varias áreas de baño da Mariña seguirán pechadas este verán
A resolución da Dirección Xeral de Saúde Pública afectará a espazos de Barreiros, Burela, A Pontenova e Viveiro a partir do 1 de xuño
Xove pon en marcha o club de lectura “Cantís de Papel” con gran resposta veciñal
A iniciativa da Biblioteca Municipal reúne xa a máis dunha vintena de persoas nun espazo cultural aberto e interxeracional
O Rally da Mariña Lucense bate récord de participación na súa oitava edición
A proba reunirá esta fin de semana a 128 pilotos nas estradas do Vicedo, Xove e Cervo
A Mariña revalida e amplía as bandeiras azuis nas súas praias para 2026
Barreiros recupera o distintivo en Pasadas mentres o litoral da comarca mantén unha ampla presenza de areais recoñecidos pola súa calidade
O Concello de Xove convoca o V Concurso Fotográfico do Día do Medio Ambiente
A iniciativa convida a todas as idades a capturar a beleza da contorna natural e repartirá premios de 60 euros ás imaxes máis votadas en cada categoría
A Mariña prepárase para vivir o 8º Rallye da Mariña Lucense con cinco concellos como escenario
A proba, que se disputará do 8 ao 10 de maio, será puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes
Xove prepárase para acoller a sétima edición do Costa Trail cun completo programa deportivo
A cita, que se celebrará do 1 ao 3 de maio, combinará andaina, probas infantís e carreiras de trail con diferentes distancias
O PSdeG de Xove defende o servizo público da auga e critica a proposta de externalización do goberno local
Os socialistas cuestionan o modelo do executivo municipal e reclaman investimentos na modernización das instalacións en lugar da súa privatización
O PSdeG de Xove acusa ao PP de “hipotecar” o Concello coa privatización do servizo da auga
Os socialistas alertan dun incremento de custos, critican a falta de debate coa veciñanza e cuestionan a xestión do goberno local tras dúas décadas á fronte do municipio
Xove impulsa un programa educativo sobre masculinidades saudables e convivencia xuvenil no IES Illa de Sarón
A iniciativa, dirixida ao alumnado da ESO, desenvolverase en catro sesións para promover a igualdade, a educación emocional e a prevención de condutas violentas e discriminatorias
O recoñecemento como BIC blinda en Xove unha tradición centenaria dos bolos
A declaración aprobada pola Xunta inclúe expresamente a modalidade de bolos de Xove, unha práctica con trazos propios que segue viva nas parroquias do municipio e que pasa a contar coa máxima protección patrimonial en Galicia
A Asociación O Alto do Cruceiro celebra o seu 20 aniversario co Reencontro's Fest
A velada estará amenizada pola Disco Móbil Conxuro, garantindo música e diversión durante toda a noite
Conta atrás para a etapa lucense de O Gran Camiño, que unirá Terra Chá e A Mariña en sete días
A segunda xornada da volta celebrarase o 15 de abril entre Vilalba e Barreiros, cun percorrido de 148,6 quilómetros e 1.933 metros de desnivel nun trazado inédito para ambas comarcas
Xove abrirá a primavera cunha nova edición da Festa de San Isidoro de Monte
Será os días 11 e 12 de abril en Penas Agudas
Ecoloxistas denuncian irregularidades na ampliación da balsa de Alcoa en Xove
O colectivo cuestiona o proceso ambiental e pide paralizar o proxecto ata aclarar posibles riscos e responsabilidades
Xove pecha o ciclo de faladoiros en corresponsabilidade cunha sesión sobre o uso das tecnoloxías
A terceira e última charla celebrarase o 8 de abril e abordará ferramentas prácticas para mellorar as dinámicas familiares e educativas
Penasagudas celebra a Festa de San Isidoro de Monte cun completo programa de tradición e lecer
A cita, que terá lugar os días 11 e 12 de abril en Xove, combina actos relixiosos, música, gastronomía e actividades ao aire libre
ADEGA rexeita a ampliación da balsa de lamas de ALCOA en Xove e pide o seu peche
A entidade ambiental considera que o proxecto prolonga o risco ata máis aló de 2033 e denuncia o uso dunha autorización ambiental “obsoleta”



