A Rigueira prepárase para vivir este sábado a Romaría do San Antonio Ventureiro 2026

A parroquia de A Rigueira, no concello de Xove, ultímase estes días para acoller unha nova edición da Romaría do San Antonio Ventureiro, que se celebrará este sábado e que volverá converter a zona nun punto de encontro multitudinario arredor da tradición, a natureza e a devoción popular.
A cita, recoñecida como San Antonio Ventureiro da Rigueira como Festa de Interese Turístico de Galicia desde 2023, consolídase como unha das celebracións máis emblemáticas da comarca, reunindo cada ano centos de persoas que percorren o itinerario acompañadas da emblemática Ventura e do lirio de San Antonio.
A organización confirma que está todo preparado para unha xornada que combina romaría tradicional e convivencia veciñal, nun ambiente marcado polo carácter participativo da festa. Un dos sinais de identidade máis singulares do evento é, precisamente, a posibilidade de realizar o percorrido cos animais de compañía, algo que lle outorga un carácter diferenciador dentro das romarías galegas.
Durante a xornada, espérase unha elevada participación de veciños e visitantes chegados de distintos puntos da Mariña e doutras zonas de Galicia, nun evento que contribúe tamén a dinamizar social e culturalmente o municipio.
Dende o Concello de Xove destacan que a romaría “forma parte da identidade colectiva do territorio” e subliñan o seu valor como espazo de encontro interxeracional, no que tradición e convivencia van da man.
A organización lembra que todo está listo para unha edición que busca manter viva a esencia dunha celebración que, ano tras ano, segue medrando en participación e