O CETRA celebrará o seu 14º aniversario cunha nova expedición de limpeza e documentación da cova

AMariñaXa
A actividade desenvolverase os días 14 e 15 de novembro e combinará traballos de topografía, documentación dos impactos ambientais e retirada de residuos e depósitos de carburo
cova-rei-cintolo
11 Nov 2026

O CETRA celebrará os días 14 e 15 de novembro o seu 14º aniversario, unha conmemoración que coincidirá coa 84ª expedición do proxecto Rei Cinto lo Objetivo 11000. A organización quere aproveitar esta fin de semana de celebración para seguir contribuíndo á conservación da cova e avanzar nos traballos que se desenvolven no marco desta iniciativa.

O programa incluirá a participación dun equipo de topografía e diferentes grupos e percorridos subterráneos destinados a documentar fotograficamente os impactos detectados e retirar algúns depósitos de carburo e residuos localizados en sesións anteriores. A limpeza das superficies e dos espeleotemas realizarase con especial coidado e seguindo o protocolo autorizado para estes traballos.

Ao longo do proxecto xa se retiraron arredor de 24 quilos de residuos, entre os que figuran latas, pilas, lanternas antigas, cristais, envases de plástico e papeis. Case 14 quilos deste material corresponden a carburo esgotado.

A nova expedición permitirá continuar ampliando os metros de cova libres de lixo e avanzar na elaboración do modelo dixital. A iniciativa presenta así unha nova fin de semana de traballo contra a basureleza, na que a celebración do aniversario estará acompañada de tarefas concretas de conservación e estudo do espazo subterráneo.

O traballo de documentación da cavidade foi abordado tamén por Marcos Vaqueiro, director do proxecto Rei Cintolo: Objetivo 11.000 m, nunha entrevista na que explicou a importancia do modelo 3D para coñecer o avance das exploracións, así como para rexistrar os valores naturais, os impactos ambientais e outros datos de interese científico.

O proxecto tamén está a analizar a posible relación entre os impactos ambientais e a presenza de fauna na cova. Para iso, cruzáronse os datos do mapa de calor, que representa o nivel de estrés asociado aos residuos e contaminantes —incluíndo as emisións e o impacto hídrico potencial—, coa información da base de datos de bioespeleoloxía.

Segundo os resultados observados, nalgunhas das zonas con maior nivel de estrés apenas se rexistran avistamentos de coleópteros, diplópodos e miriápodos. Aínda que esta coincidencia non permite establecer por si soa unha relación directa, ofrece información para continuar estudando como afectan os residuos e outros contaminantes ao ecosistema subterráneo.

O traballo de documentación dixital é unha das claves desta iniciativa, como explicou Marcos Vaqueiro na entrevista "O modelo 3D é a base xa que permite coñecer canto levamos".

0.14840698242188