Poñen en valor na Pontenova o comercio de proximidade na Mariña

AMariñaXa
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe varios establecementos comerciais e, á tarde, asistirá á Gala anual da Asociación de comerciantes industriais, servizos e autónomos de Ribadeo (Acisa)
comercio-local-a-pontenova
18 Oct 2026

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe varios establecementos comerciais da Pontenova, onde puxo en valor a capacidade destes negocios de dinamizar o territorio xerando actividade económica e emprego de calidade, ao tempo que se fixa poboación e se pon á disposición da veciñanza os produtos e servizos que precisa. Nesa liña, avogou por apoiar e estreitar a colaboración con todos os axentes implicados no pulo ao comercio galego de proximidade, co foco posto en contornas como a Mariña lucense.

Xa pola tarde, o director xeral asistirá á Gala anual da Asociación de comerciantes industriais, servizos e autónomos de Ribadeo (Acisa), que conmemorará o 37º aniversario da entidade. Ademais, celebrarase o Premio Nacional de Comercio Interior que se lles outorgou en 2025 na categoría de centros comerciais abertos.

A maiores, a gala servirá para facer entrega dos galardóns que concede Acisa este ano 2026, nas categorías de remuda xeracional, negocio emblemático, espírito emprendedor, toda unha carreira, socio honorífico e ribadense do ano.

0.12176108360291