Novas de A Pontenova
O BNG acusa á Xunta e ao PP de “castigar” á Pontenova ao rexeitar a ampliación do polígono industrial
Os nacionalistas denuncian que a Consellería de Industria incumpre os compromisos e lembran que todos os grupos municipais, incluído o PP, apoiaron a demanda unánime da ampliación
A nova subdelegada do Goberno presenta as actividades previstas arredor do 25N
A programación inclúe obradoiros educativos, a implantación de novos Puntos Violetas e unha xornada xudicial sobre os avances en materia de violencia de xénero
A Pontenova pide a colaboración veciñal para recuperar a memoria mineira no 125 aniversario da Sociedad Minera de Villaodrid
O Concello prepara unha exposición fotográfica con imaxes antigas das minas, os trens e a vida laboral e social ligada á explotación mineira
O club de lectura Os Fornos da Pontenova inicia unha nova tempada con ilusión renovada
A primeira reunión do curso 2025-2026 celebrarase o xoves 16 de outubro ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal, situada na Casa da Cultura.
A Deputación e o Concello da Pontenova mellorarán os accesos á parroquia de Conforto
A institución provincial achega máis de 137.000 euros para renovar a vía que conecta coa Ermida de San Antonio e varias vivendas da zona
A Deputación de Lugo impulsa melloras viarias en Alfoz e A Pontenova cun investimento que supera os 387.000 euros
O organismo provincial destina 250.000 euros a 18 actuacións na rede de estradas de Alfoz e licita por 137.000 euros a rehabilitación dunha vía en Conforto, na Pontenova
A Pontenova acollerá unha charla para aprender a vender con seguridade a través de WhatsApp
A iniciativa, financiada polo INCIBE e organizada pola ADR Montes e Vales Orientais, celebrarase o 7 de outubro na Casa da Cultura
A Pontenova pon en marcha os novos espazos para familias con crianzas
As sesións, dirixidas a nenos e nenas de 0 a 6 anos e ás súas familias, desenvolveranse os martes no CEIP da vila
Eco das Minas dinamiza A Pontenova cun novo Programa Cultural Activo
A Asociación Eco das Minas impulsa unha ampla oferta de actividades coa colaboración do Concello
O proxecto da residencia de maiores de A Pontenova queda en suspenso á espera de nova empresa
O organismo provincial busca alternativas para rematar canto antes a obra, que leva tres prórrogas e só está executada ao 80 %
A Pontenova acollerá un curso de manipulación de alimentos
A formación desenvolverase o sábado 20 de setembro no Centro Social Blanca Muruais da parroquia de Saldoria, en horario de mañá
A Pontenova prepárase para vivir unha nova edición do BaixEo máis festivo
O descenso polo río Eo celebrarase o sábado 16 de agosto e rematará co tradicional Faragull-Eo, unha cita gastronómica con moito sabor e espírito popular
Vilameá prepárase para tres días de festa na honra da Virxe das Neves e San Roque
Haberá churrascada popular, música de orquestra e sesións vermú entre o 8 e o 10 de agosto
A Pontenova vibrou cunha nova edición do Descenso de Carrilanas, agora con selo europeo
A carreira reuniu máis de 120 participantes de toda Europa e contou co apoio da Deputación de Lugo e o Concello
A ANPA critica que a Xunta venda como solucións o que son só parches no colexio
A ANPA critica o “triunfalismo” da Consellería de Educación e advirte de graves deficiencias estruturais que afectan á saúde e seguridade do alumnado
A Rapa das Bestas de Neipín consolídase como cita destacada da Mariña
Centos de persoas asistiron á segunda edición do curro da Cruz do Couso, coa participación dunha vintena de aloitadores e degustación de carne de poldro
A Pontenova mobilízase en Lugo contra os recortes en sanidade e educación
O Concello e a ANPA convocan unha concentración o 23 de xullo ante a Xunta para denunciar falta de médicos e deficiencias no colexio
A Pontenova convértese nun escenario máxico cunha fin de semana chea de ilusión, humor e espectáculo
O festival “Magic Show” celebrarase os días 25, 26 e 27 de xullo con espectáculos para todas as idades e unha Ruta Mágica polos locais da vila
A Pontenova prepárase para unha nova edición da Rapa das Bestas con festa, gastronomía e tradición
O evento celebrarase o 18 e 19 de xullo con degustacións gratuítas, música en directo e unha exhibición de doma de cabalos no Alto de Neipín




