A Pontenova acolle a representación teatral 'Dona Clara' o 18 de outubro

AMariñaXa
A función, inspirada na obra 'A visita da vella dama', de Friedrich Dürrenmatt, comezará ás 19:00 horas
dona-clara-ollomao-barreiros-en-Pontenova
15 Oct 2026

A Casa da Cultura da Pontenova será escenario o domingo 18 de outubro dunha representación teatral a cargo do Colectivo Cultural Ollomao, que presentará a súa creación 'Dona Clara', inspirada na obra 'A visita da vella dama', do dramaturgo Friedrich Dürrenmatt.

A función comezará ás 19:00 horas e ofrecerá ao público unha oportunidade para achegarse ao teatro e apoiar o traballo cultural desenvolvido no territorio.

A proposta busca reunir os afeccionados ás artes escénicas nunha cita coa cultura local, coa representación dunha peza que toma como referencia a obra do autor suízo.

0.15078616142273