A Pontenova celebrará o 25 de xullo unha nova edición do Descenso de Carrilanas

AMariñaXa
A xornada incluirá verificacións, adestramentos, tres mangas oficiais e un pincho para os participantes
descenso-carrilanas-a-pontenova
19 Jul 2026

A Pontenova acollerá o vindeiro 25 de xullo unha nova edición do Descenso de Carrilanas, unha cita que reunirá aos participantes ao longo de toda a xornada cun programa que combinará as probas deportivas e momentos de convivencia.

A actividade comezará entre as 9.00 e as 10.00 horas coa realización das verificacións na Praza dos Fornos. Ás 11.00 horas darán comezo os adestramentos e, unha vez rematados, disputarase a primeira manga oficial da competición. Ás 14.30 horas está previsto un pincho para todos os participantes, antes de retomar a actividade pola tarde.

Para rematar, a partir das 15.30 horas realizaranse os remontes para afrontar o seguinte bloque da competición, no que se disputarán dúas mangas oficiais máis.

0.11965394020081