Sante prepara o seu "Truco ou trato" de Samaín para visitar as casas da veciñanza

AMariñaXa
A iniciativa está dirixida aos nenos e nenas da parroquia e as familias interesadas poden anotarse antes do 28 de outubro
truco-o-trato-sante-trabada-2026
7 Oct 2026

A Asociación de Veciños San Xulián de Sante prepara unha actividade especial con motivo do Samaín. A entidade veciñal organizará o próximo 31 de outubro unha xornada de "Truco ou trato" na que os nenos e nenas da parroquia poderán percorrer as casas da localidade para pedir lambetadas.

A proposta está aberta ás familias que vivan en Sante e queiran que os seus fogares formen parte do percorrido. Para participar, é necesario poñerse en contacto con calquera membro da asociación e comunicar a intención de recibir a visita dos pequenos durante a celebración.

O prazo para anotarse permanecerá aberto ata o 28 de outubro. A asociación recomenda realizar a inscrición preferentemente a través de WhatsApp no número 696 266 162.

A actividade desenvolverase o propio 31 de outubro e terá como punto de referencia o Teleclub de Sante, nunha xornada pensada para que os máis pequenos poidan gozar da tradición do "Truco ou trato" nun ambiente festivo e de convivencia veciñal.

A Asociación de Veciños San Xulián de Sante anima así ás familias da parroquia a sumarse á iniciativa e contribuír a crear unha celebración compartida na que os nenos e nenas sexan os protagonistas. "Queremos visitar a túa casa!", sinala o cartel da convocatoria, que invita á veciñanza a participar para facer un Sante "máis unido".

0.14519000053406