O tute volverá reunir en Sante ata 32 parellas nun maratón con comida e premios

AMariñaXa
A Asociación de Veciños San Julián de Sante organiza unha nova edición da competición, que abrirá as inscricións o 15 de outubro
baralla-cartas-espanola-tute-torneo-campionato
25 Oct 2026

As cartas volverán protagonizar unha xornada de convivencia e competición en Sante, no municipio de Trabada. A Asociación de Veciños San Julián de Sante prepara para o domingo 15 de novembro a segunda edición do seu Maratón de Tute, que reunirá un máximo de 32 parellas.

A competición dará comezo ás 11.00 horas. A organización establece que as parellas que non estean presentes ás 11.15 horas pasarán á repesca.

As persoas interesadas poderán reservar praza a partir do 15 de outubro ás 10.00 horas a través do teléfono 636 024 263. As inscricións realizaranse por estrita orde de entrada e terán un prezo de 90 puntos por parella, coa comida incluída.

A proposta gastronómica estará formada por caldo galego e lacón asado con patacas, seguido de Tarta de Santiago, ademais de pan, bebida e café. As persoas con alerxias deberán comunicalo previamente para que se poida ofrecer un menú alternativo.

O maratón contará con premios para os catro primeiros postos. A parella vencedora conseguirá 500 puntos e trofeos; a segunda, 300 puntos e trofeos; e a terceira, 200 puntos e trofeos. O cuarto posto estará premiado con 100 puntos.

Tamén haberá recompensas na repesca, con 200 puntos para os primeiros clasificados, 150 para os segundos, 120 para os terceiros e 90 para os cuartos.

A organización advirte de que, se non se alcanzan as 32 parellas, os premios serán proporcionais ao número final de participantes.

0.10213708877563