A Papanoelada do Motoclube A Cadeira volverá encher de ilusión as rúas de Trabada o 19 de decembro

O espírito do Nadal chegará a Trabada o vindeiro 19 de decembro coa celebración dunha nova edición da Papanoelada organizada polo Motoclube A Cadeira. A iniciativa percorrerá o municipio cunha chuvia de caramelos para os máis pequenos e culminará cunha tarde de actividades e sorpresas para as familias.
A saída da comitiva motera está prevista para as 15.00 horas desde a gasolineira de San Tirso. Durante o percorrido, os participantes repartirán caramelos entre os nenos, nunha das propostas máis esperadas desta cita festiva.
A xornada continuará cun convite a chocolate para todas as persoas asistentes, que poderán agardar pola chegada de Papá Noel, o Apalpador e o Grinch. Os tres personaxes compartirán protagonismo nunha celebración que tamén incluirá xogos infantís e entrega de agasallos.
Con esta proposta, o Motoclube A Cadeira busca ofrecer unha tarde de diversión e ambiente festivo, achegando a maxia do Nadal ás familias de Trabada e convertendo as rúas do municipio nun escenario de encontro para pequenos e maiores.
⇒PODES LER A REPORTAXE AO MOTOCLUBE A CADEIRA