Novas de Trabada
Trabada renovará a cuberta do pavillón municipal cunha achega de 36.000 euros
A actuación permitirá reparar os danos provocados por un incendio e mellorar un espazo deportivo utilizado polo alumnado do CEIP Celso Currás e pola veciñanza
Trabada recupera a súa memoria colectiva a través da fotografía e o cine co programa Veiguello 2026
A iniciativa da Asociación Cultural Veiguello, coa colaboración do Concello e da Deputación de Lugo, desenvolverá actividades culturais en diferentes parroquias entre o 28 e o 31 de xullo
O PP de Trabada critica o atraso nos desbroces e reclama unha mellor planificación
Os populares consideran que aínda hai áreas de descanso e espazos públicos sen acondicionar e piden que estas actuacións se executen con máis previsión
Trabada reparte gafas homologadas entre os campamentos de verán para observar con seguridade a eclipse solar
O Concello dota aos participantes do Campamento de Verán e do Campamento Xuvenil de material de protección grazas á colaboración da Deputación de Lugo e anima á veciñanza a vivir un acontecemento astronómico excepcional
Trabada mellora o equipamento municipal coa incorporación dunha nova desbrozadora trituradora
A maquinaria, cun custo de 16.504,34 euros financiado polo Fondo de Compensación Ambiental, permitirá reforzar os labores de mantemento de vías e camiños do municipio
Trabada avanza na transición ecolóxica coa renovación LED do seu alumeado público
O goberno local mobiliza máis de 35.000 euros para substituír as vellas luminarias en diversas parroquias e reducir o consumo enerxético
Trabada pon en marcha os campamentos de verán para infancia e mocidade
O Concello activa unha nova edición de actividades estivais con propostas educativas, deportivas e de convivencia para facilitar a conciliación familiar durante xullo e agosto
Trabada mellora a seguridade en Trabadela, Sante e a Ría de Abres con novas actuacións en pontes e espazos públicos
O Concello leva a cabo a substitución e instalación de barandillas e peches en distintos puntos do municipio para reforzar a protección da veciñanza e acondicionar infraestruturas básicas
O Concello de Trabada avanza na mellora de infraestruturas e vías de comunicación con actuacións en Vilaformán
O Concello completa obras no teleclub, melloras de seguridade e actuacións na estrada LU-P-6102
Trabada vivirá unha semana marcada polas celebracións populares e a actividade asociativa
Fogueiras de San Xoán, festas parroquiais e propostas culturais protagonizarán os próximos días en diferentes puntos do municipio
A II Concentración Moteira de Trabada quere afianzarse como cita de referencia na comarca
O Motoclube A Cadeira promove tres xornadas de encontro arredor do motor cun enfoque aberto e participativo
O PP de Trabada destaca a captación de fondos autonómicos para impulsar proxectos no municipio
Os populares aseguran que a colaboración coa Xunta permitiu a chegada de distintas liñas de financiamento e critican que o goberno local non solicitase algúns programas de emprego e prevención
Trabada impulsará novas melloras na área recreativa da Choza cun investimento próximo aos 20.000 euros
A actuación permitirá renovar elementos do recinto e reforzar o seu carácter sostible mediante o uso de materiais reciclados
Trabada inicia a renovación do teleclub de Vilapena cun investimento próximo aos 35.000 euros
As actuacións inclúen melloras no edificio, a adecuación da zona exterior e a modernización dun espazo de uso social para a veciñanza
Trabada amplía o seu parque de alugueiro social coa entrega dunha nova vivenda en Valboa
O Concello incorpora a quinta casa rehabilitada en antigas escolas e anuncia novas actuacións para facilitar o acceso á vivenda no rural
A VI Ruta Castrexa de Mototurismo percorrerá 12 concellos lucenses o 13 de xuño
A iniciativa, incluída no Campionato Galego de Mototurismo, combinará deporte e promoción do patrimonio nun percorrido de 450 quilómetros
Trabada mellora os accesos ao núcleo da igrexa de Sante cun investimento superior aos 44.000 euros
O proxecto inclúe actuacións en tres vías da parroquia, centradas na seguridade viaria e na renovación das infraestruturas municipais
Trabada abrirá a comezos de xuño unha nova campaña de recollida de plásticos agrícolas
O servizo permitirá retirar residuos das explotacións do municipio mediante un operativo específico que se desenvolverá entre os días 1 e 5
Recursos de Galicia impulsa un encontro co tecido empresarial da Mariña para analizar o impacto enerxético de Mondigo
A compañía estuda o consumo das empresas de Trabada, Ribadeo e Barreiros para deseñar posibles fórmulas de estabilidade e redución de custos eléctricos
O Picato renova a súa directiva para continuar impulsando a vida cultural en Trabada
A asociación mantén o seu compromiso coa organización de actividades sociais, festivas e culturais ao longo de todo o ano
Trabada clausura os cursos de alfabetización tecnolóxica do programa “E para dixitalizarse Lugo”
O Concello destaca a utilidade práctica dunha formación centrada no uso das ferramentas dixitais e dos servizos electrónicos máis empregados pola veciñanza
Trabada avanza na recuperación dos vestiarios do pavillón municipal tras o incendio de xaneiro
O Concello impulsa unha primeira fase de obras con máis de 50.000 euros para substituír a cuberta e parte da estrutura mentres continúa a busca de financiamento para a reforma integral
Trabada reunirá o 17 de maio á súa veciñanza maior nunha xornada de convivencia e homenaxe
O Encontro dos Maiores busca recoñecer a traxectoria das persoas de máis de 65 anos e fortalecer a vida social entre parroquias
Trabada prepara a II Concentración Moteira cunha fin de semana dedicada ás dúas rodas
O Motoclube A Cadeira impulsa un encontro que reunirá afeccionados ao motor con actividades, música e ambiente festivo


