Trabada mellora a seguridade en Trabadela, Sante e a Ría de Abres con novas actuacións en pontes e espazos públicos

AMariñaXa
O Concello leva a cabo a substitución e instalación de barandillas e peches en distintos puntos do municipio para reforzar a protección da veciñanza e acondicionar infraestruturas básicas
trabadela-ria-abres-melloras-trabada
30 Jun 2026

Concello de Trabada continúa avanzando no seu plan de mellora e mantemento de infraestruturas en diferentes parroquias, cun conxunto de actuacións centradas en incrementar a seguridade e optimizar o estado de espazos públicos e elementos de uso común.

Os traballos executados nas últimas semanas céntranse en varios puntos do municipio. En Trabadela procedeuse á renovación de distintas barandillas situadas en pontes, co obxectivo de garantir unhas condicións máis seguras no tránsito peonil. Pola súa parte, na contorna da igrexa de Sante instalouse unha nova varanda de protección para mellorar a seguridade na zona.

Ademais, na Ría de Abres, concretamente no lugar de San Martiño, levouse a cabo a colocación dun novo peche no pozo de incendios, unha intervención destinada a reforzar a protección deste punto estratéxico para os servizos de emerxencia.

O alcalde, Rubén García Freije, salientou que estas actuacións forman parte dun traballo continuado en todas as parroquias. Segundo indicou, o obxectivo é “mellorar a seguridade e dar resposta ás necesidades da veciñanza”, consolidando un modelo de atención constante ás demandas do territorio.

0.14009809494019