Novas de Trabada
Trabada vivirá unha fin de semana de festa entre Trabadela e o Alto da Cadeira
A programación dos días 7 e 8 de agosto incluirá gastronomía, música, actividades infantís e a consolidada Xira da Cadeira
Trabada abre este martes o prazo para inscribirse nos programas Madrugadores e Ludiseráns
As familias poderán solicitar praza ata o 26 de agosto para os servizos de conciliación do curso escolar 2026-2027
Trabada renovará a cuberta do pavillón municipal cunha achega de 36.000 euros
A actuación permitirá reparar os danos provocados por un incendio e mellorar un espazo deportivo utilizado polo alumnado do CEIP Celso Currás e pola veciñanza
Trabada recupera a súa memoria colectiva a través da fotografía e o cine co programa Veiguello 2026
A iniciativa da Asociación Cultural Veiguello, coa colaboración do Concello e da Deputación de Lugo, desenvolverá actividades culturais en diferentes parroquias entre o 28 e o 31 de xullo
Trabada reclama á Xunta unha nova motobomba para reforzar a resposta fronte aos incendios forestais
O Concello insiste na necesidade de renovar o vehículo tras o incendio rexistrado esta semana no Alto do Picato e lembra que a petición xa fora trasladada en 2024
O servizo municipal de limpeza de Trabada refórzase cunha nova bolsa de emprego temporal
O goberno local habilita un proceso de selección urxente esta semana para garantir o mantemento das rúas durante as vacacións do persoal
O PP esixe al alcalde de Trabada explicacións sobre a desaparición do espazo para centro de día na residencia
José María Fernández denuncia que “Rubén García tampouco dixo nada da brutal suba que PSOE e BNG impuxeron a todos os usuarios das residencias provinciais"
A Deputación investirá máis de 50.000 euros na mellora da área de autocaravanas de Trabada
A actuación permitirá renovar os accesos e reforzar a seguridade e a comodidade dun espazo destinado ao turismo itinerante
Trabada pon en marcha os campamentos de verán para infancia e mocidade
O Concello activa unha nova edición de actividades estivais con propostas educativas, deportivas e de convivencia para facilitar a conciliación familiar durante xullo e agosto
Trabada renova un local veciñal cun investimento de preto de 35.000 euros
O Concello acomete melloras no edificio e na súa contorna para reforzar os espazos de encontro das parroquias
A II Concentración Moteira de Trabada quere afianzarse como cita de referencia na comarca
O Motoclube A Cadeira promove tres xornadas de encontro arredor do motor cun enfoque aberto e participativo
Trabada culmina a mellora de dúas estradas municipais nos núcleos de Barreiros e A Abaira
O Concello investiu máis de 130.000 euros na renovación das vías para reforzar a seguridade viaria e facilitar as comunicacións
A Deputación de Lugo impulsa a mellora de estradas en Burela e Trabada cun plan de acondicionamento viario
Actuacións en varias vías provinciais inclúen pavimentación, mellora de cunetas e sinalización cun prazo de execución de catro meses
Trabada obtén unha nova axuda de Agader para mellorar estradas en Sante e Valboa
O proxecto supera os 73.000 euros de investimento e permitirá actuar en dous tramos viarios que forman parte da planificación municipal de modernización das comunicacións
Trabada impulsará novas melloras na área recreativa da Choza cun investimento próximo aos 20.000 euros
A actuación permitirá renovar elementos do recinto e reforzar o seu carácter sostible mediante o uso de materiais reciclados
Trabada inicia a renovación do teleclub de Vilapena cun investimento próximo aos 35.000 euros
As actuacións inclúen melloras no edificio, a adecuación da zona exterior e a modernización dun espazo de uso social para a veciñanza
Eventos
OcioenGalicia
XLI Festa ó Emigrante de Pol
OcioenGalicia
VII Fiesta del Peregrino de Triacastela
OcioenGalicia
IX Ares Indiano
Trabada amplía o seu parque de alugueiro social coa entrega dunha nova vivenda en Valboa
O Concello incorpora a quinta casa rehabilitada en antigas escolas e anuncia novas actuacións para facilitar o acceso á vivenda no rural
A VI Ruta Castrexa de Mototurismo percorrerá 12 concellos lucenses o 13 de xuño
A iniciativa, incluída no Campionato Galego de Mototurismo, combinará deporte e promoción do patrimonio nun percorrido de 450 quilómetros
Trabada renovará o acceso entre Valboa e As Cabanas cun investimento superior aos 45.000 euros
A actuación permitirá mellorar o firme, a sinalización e a seguridade nun dos viarios municipais incluídos no Plan de Cooperación da Deputación de Lugo
Trabada renovará a conexión viaria entre a N-640 e Margaride
O proxecto permitirá modernizar a estrada municipal de Vilarbetote con novo firme, sinalización e actuacións para reforzar a seguridade
Recursos de Galicia impulsa un encontro co tecido empresarial da Mariña para analizar o impacto enerxético de Mondigo
A compañía estuda o consumo das empresas de Trabada, Ribadeo e Barreiros para deseñar posibles fórmulas de estabilidade e redución de custos eléctricos
O Picato renova a súa directiva para continuar impulsando a vida cultural en Trabada
A asociación mantén o seu compromiso coa organización de actividades sociais, festivas e culturais ao longo de todo o ano
A veciñanza de Sante estreará un novo espazo social coa inauguración do Teleclub
A Asociación de Veciños de San Xulián de Sante inaugurará este venres un espazo modernizado para impulsar a vida social e comunitaria da parroquia







