Novas de Burela
Burela pon a convivencia entre xeracións no centro da Semana da Infancia
O alumnado dos institutos Perdouro e Monte Castelo compartiu unha mañá de coreografías con persoas usuarias dos talleres de Cruz Vermella na Praza de Abastos
Burela acolle unha formación sobre autocuidado para profesionais que traballan con menores
A psicóloga sanitaria Alba Burundarena impartirá a sesión este venres 23 de outubro, de 9:30 a 13:30 horas, no Salón de Plenos do Concello, con participación gratuíta
A Plataforma Sanitaria da Mariña alerta do deterioro asistencial e da falta de persoal nos centros de saúde e no hospital
O colectivo denuncia esperas de ata sete meses en saúde mental, carencias en pediatría e matronas, servizos hospitalarios sen cobertura completa e a redución da atención domiciliaria
O Gran Sorteo do Pequeno Comercio de Lugo pon en xogo un coche híbrido para impulsar as compras locais
A campaña foi presentada na praza de San Marcos e estará activa ata o 30 de novembro, con participación mediante compras de polo menos 10 euros en negocios de proximidade da provincia
O PP de Burela denuncia a "improvisación" do goberno local e "irregularidades" nunha factura de 70.000 euros
Os populares critican que o Concello tardase nove meses en pagar a factura e tivese que recorrer a un novo recoñecemento extraxudicial de créditos por falta de previsión orzamentaria
Burela dedica unha semana aos dereitos da infancia e da adolescencia con actividades e formacións
A programación desenvolverase do 19 ao 23 de outubro e inclúe xogos na praza do Concello, unha mesa redonda sobre educación sen discriminación e un concerto do grupo adolescente Blood Skeleton
Burela acolle a proxección do documental 'Palestina, una tragedia permanente'
A cita será o xoves 15 de outubro, ás 19.30 horas, na Casa da Cultura, coa presenza do director, Javier Díez Moro, que tamén presentará a segunda edición da súa novela 'El diario de Laila Azam'
O documental "Prisciliano e a Gallaecia" achegarase a Barreiros e Burela en novembro
A Deputación de Lugo promove encontros divulgativos coa participación do director da obra, historiadores e especialistas na figura do bispo
A SD Burela celebra os seus 60 anos cun programa centrado na súa historia
A Deputación de Lugo colaborará nas propostas, que inclúen a recuperación de camisolas históricas e a proxección de dous documentais
A intensa chuvia provoca inundacións e incidencias en Foz e Burela
A estación meteorolóxica de Foz rexistrou 32,2 litros por metro cadrado e os servizos de emerxencias contabilizaron 20 incidencias na provincia de Lugo
Burela celebrará a IV Noite das Ánimas con obradoiros, xogos tradicionais e a Procesión das Ánimas
A xornada comezará ás 16:30 horas na Praza de Abastos e incluirá talleres de cabazas, bonecos de millo e bonecas da Vella, chocolate quente, música e unha charla para os máis pequenos
Burela amplía a zona peonil no cruce de Arcadio Pardiñas con Eijo Garay
Os traballos, incluídos no Plan de Mobilidade Urbana Sustentable, mellorarán o itinerario peonil cara aos centros escolares e ao centro urbano
"Cinco anos despois, seguimos aquí": a ANPA do Vista Alegre reclama solucións e rexeita "guerras políticas"
Sara Calvo Yanes reflexiona tras acudir ao Pleno de Burela con cascos e chalecos e defende que as familias non están "manipuladas": "Non queremos buscar culpables. Queremos solucións"
Burela reúne as mulleres das confrarías de Lugo para impulsar o seu liderado no sector do mar
O encontro reuniu mulleres das confrarías da provincia para analizar os obstáculos á hora de asumir responsabilidades e recoller propostas que favorezan a súa presenza nos órganos de decisión
Burela estrea un servizo mensual para tramitar o DNI e o pasaporte sen saír do municipio
O novo servizo ofrecerá arredor de 30 citas por xornada e as persoas interesadas xa poden anotarse no Concello de forma presencial, por teléfono ou correo electrónico
Burela cambia as raias polas pintas e estrea o seu primeiro 'Paso de Vaca'
A iniciativa transforma as tradicionais raias dun paso de peóns nas manchas dunha vaca frisoa para reivindicar o rural, o sector primario e unha mobilidade máis sostible
Balseiro pide ao Goberno central que reclame en Bruxelas levantar o veto ao palangre pedra-bóla
O senador lucense lembra que a prohibición afecta directamente a arredor de 200 embarcacións galegas e provoca importantes perdas na frota de Burela
Eventos
A Escola de Música de Burela achega o alumnado da ESO ao mundo da produción musical
A sesión celebrarase o 22 de setembro e permitirá coñecer diferentes aspectos relacionados co son, a gravación e os procesos de produción musical
O TACGal obriga ao Concello de Burela a corrixir os pregos da licitación do SAF tras o recurso de CCOO
O tribunal considera que o orzamento debía detallar os custos directos e indirectos e os gastos de persoal para poder comprobar que as cantidades previstas permiten cumprir os salarios establecidos no convenio colectivo
O PP de Burela carga contra a xestión das praias tras un verán con problemas no socorrismo e nos baños
Los populares denuncian falta de efectivos en la playa urbana durante diferentes jornadas y aseguran que las deficiencias en los servicios evidencian "improvisación y ausencia de planificación"
Burela enche as rúas de propostas pola Semana Europea da Mobilidade
A programación reúne andainas, educación viaria, préstamo de bicicletas eléctricas, xogos, música e o reto "Walking Challenges", ademais dun "paso de vaca" para achegar o rural á vila
Tin e Tina converterán calcetíns en monicreques nun obradoiro infantil en Burela
A actividade de Galitoon terá 40 prazas e completarase pola tarde coa representación do espectáculo infantil "Os descontacontos"
O Concello de Burela rexeita as críticas do PP polo contrato do SAF e pide agardar pola resolución do TACGal
Carmela López sostén que o recurso de CCOO forma parte dos mecanismos habituais da contratación pública e lembra que xa houbo outros procedementos deste tipo no municipio
Burela vive unha fin de semana de surf, deporte feminino e natureza na Marosa
A primeira xornada contou coa participación de Melania Suárez e María Martín-Granizo, mentres que este domingo será a quenda da Liga Nacional FESurfing e do Campionato Galego de Longboard









