Novas de Ribadeo
Aba Taano ofrecerá tres concertos solidarios en Burela, Ribadeo e Ferrol a favor da infancia de Uganda
O grupo de gospel africano actuará entre o 21 e o 23 de agosto para recadar fondos para a ONG Música para Salvar Vidas de Uganda
Veciños de Ribadeo denuncian a poda “agresiva” de tres árbores no centro da vila
Critican a eliminación completa da copa de exemplares de arce branco e alertan dos posibles danos para a súa saúde e supervivencia
Licitada por 320.000 euros a lavandería e a cociña do Hospital Asilo de Ribadeo
O Concello inicia a contratación das obras e do equipamento destas instalacións, mentres continúa a reclamación xudicial contra a anterior empresa adxudicataria tras a rescisión do contrato
Ribadeo pecha cun balance positivo o Campus de Tecnificación The Basket Dream Breogán
A cita reuniu durante seis días a mozos e mozas de toda Galicia e deixou dúas ofertas de bolsa para continuar a formación deportiva nos Estados Unidos
A Mariña acollerá a XIII edición do Festival Bal y Gay con 14 concertos de música clásica entre o 5 e o 21 de agosto
A Deputación de Lugo patrocina a cita musical que levará actuacións a distintos espazos da comarca e incluirá por primeira vez un concerto no Auditorio Fuxan Os Ventos de Lugo
O Ribadeo FC presenta a sexta edición do Torneo Feminino Emma Cuervo
O Deportivo e o Sporting de Gijón disputarán o encontro o 7 de agosto no estadio municipal Pepe Barrera nunha cita que aposta pola promoción do fútbol feminino
A música volverá ser protagonista no XI Ribadeo Indiano cun programa inspirado na emigración de ultramar
Concertos, habaneiras, mariachis, verbenas e ritmos latinos encherán as rúas da vila desde este venres ata o domingo
Ribadeo Indiano convértese no escenario para desvelar as historias ocultas da emigración á Mariña
O xornalista Martín Fernández presenta o cuarto tomo de 'Memoria de Mariñáns' cun prólogo de María Xosé Porteiro dedicado á diáspora galega
Unha rodaxe pechará ao público a praia das Catedrais en Ribadeo durante dous días de xullo
A Xunta confirma o bloqueo do areal para o 15 e 16 do presente mes mentres que liberará as autorizacións do resto da semana
Rinlo e Ribadeo volverán unirse na noite do 22 de agosto coa oitava edición da carreira popular nocturna
A cita deportiva contará cun percorrido de nove quilómetros pola costa ribadense e reunirá atletas de todas as idades nunha das probas máis singulares do verán
Ribadeo estrea un proxecto pioneiro para facer accesibles as praias ás persoas con mobilidade reducida
O novo servizo de accesibilidade da praia das Bloques incorpora medios materiais e humanos, incluíndo catro profesionais da Cruz Vermella, para garantir unha atención completa durante toda a tempada de baño
O Concello de Ribadeo ofrece poda gratuíta de palmeiras para o XI Ribadeo Indiano
A campaña recolle follas de palmeira de fincas privadas para a decoración da vila e anima á veciñanza a colaborar de cara á cita, que se celebrará do 10 ao 12 de xullo
A Heroican Race regresará a Ribadeo cun novo reto para os amantes da aventura
A carreira de obstáculos reunirá a centos de participantes nun percorrido esixente que combinará resistencia física, habilidade e traballo en equipo
O XI Ribadeo Indiano converterá a vila nun gran escenario musical entre o 10 e o 12 de xullo
Concertos, habaneiras, mariachis e ritmos cubanos acompañarán tres días de celebración arredor da tradición galega e a herdanza de ultramar
Ribadeo acolle a 12+1 concentración de motos tras seis anos de parón con música, rutas e gastronomía
O evento, organizado polo Motoclub Al Corte, desenvolverase do 26 ao 28 de xuño no aparcadoiro da rúa Daniel Cortezón e recupera unha cita moi esperada no calendario local
O programa Mans Artesás leva a Ribadeo un curso de cesteiría con forte participación veciñal
A actividade formativa, impartida en Arante pola cesteira María Folgueira, permite ás participantes aprender técnicas tradicionais elaborando as súas propias pezas
Ribadeo destina 50.000 euros á renovación da iluminación da área recreativa de Santa Cruz
O proxecto permitirá iluminar novos espazos do monte, incluído o monumento ao gaiteiro, e reforzar a conservación dun dos lugares máis emblemáticos do municipio
Dani Moirón continuará á fronte do Ribadeo FC na próxima tempada
O técnico da Pontenova seguirá liderando o proxecto celeste tras asumir o mando do primeiro equipo durante o pasado curso
Ribadeo impulsa a mellora das vías secundarias co Plan Avanza Rural e actuacións en Remourelle
O Concello combina investimentos da Xunta e esixencia ás empresas para recuperar pistas de concentración en todo o municipio
A Xunta adxudica por máis de 2,1 millóns de euros a rehabilitación de tres inmobles en Ribadeo
A actuación, integrada no programa Rexurbe, permitirá habilitar pisos destinados ao alugueiro accesible con preferencia para menores de 36 anos
O BNG acusa a Daniel Vega de ocultar información sobre o atraso das obras do Hospital-Asilo
A formación nacionalista asegura que existían advertencias técnicas desde 2024 e critica a falta de decisión política para resolver a situación do proxecto
A Plataforma Pola Defensa das Nosas Árbores pide ao Concello de Ribadeo que detalle o gasto dos terreos do novo centro de saúde
O colectivo solicita información sobre o custo da adquisición das parcelas e sobre posibles gastos derivados das cargas existentes nun dos solares afectados
Acisa volverá premiar as compras no Ribadeo Indiano co sorteo dunha viaxe a México para dúas persoas
A campaña repartirá 180.000 rifas entre os clientes dos negocios asociados e aspira a impulsar a actividade comercial nun dos momentos de maior afluencia de visitantes á vila
Ribadeo converterase nun escaparate da artesanía galega cunha feira que reunirá creadores das catro provincias
A Praza de España acollerá durante tres días unha mostra con quince expositores especializados en moda, xoiería, marroquinaría, téxtil e outras disciplinas artesanais



