Novas de Ribadeo
Ribadeo acolle o XIII Aberto de Billarda "Vila de Ribadeo"
A cita celebrarase o domingo no Campamento Xuvenil A Devesa e corresponderá á segunda xornada da Liga Nacional de Billarda
A Gladiator Kids chega a Ribadeo o 25 de outubro cunha carreira solidaria de obstáculos
A proba, dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos, comezará ás 12.00 horas diante do Concello e contará con 250 prazas como máximo. Os seis euros da inscrición destinaranse integramente a Cruz Vermella Ribadeo
Ribadeo reunirá o sector forestal no I Encontro Forestal do Noroeste
A xornada celebrarase o 16 de outubro no CFEA Pedro Murias e reunirá profesionais, empresas, propietarios, administracións, entidades de investigación e representantes da sociedade civil
O BNG cifra en 25.000 euros o custo do novo emprazamento das bandeiras de Ribadeo
O destino das bandeiras da Casa do Concello segue sen pechar a polémica
Ribadeo anuncia un millón para as estradas tras anos de reclamacións e con varias vías aínda pendentes
O Concello destaca a súa xestión ante Xunta e Deputación mentres recoñece que aínda quedan estradas provinciais sen resposta e que a vía entre Arante e Vidal levaba anos "destrozada"
Unha veciña reclama claridade sobre o desconto de Mondigo tras meses sen recibir a resolución
A familia presentou a solicitude o primeiro día, pero asegura que segue sen recibir unha comunicación formal e cuestiona as condicións para activar a bonificación
Dous institutos da Mariña volven exercer como Escolas Mentoras do Parlamento Europeo
Os dous institutos da Mariña forman parte dos sete centros galegos que exercerán como titores doutras Escolas Embaixadoras durante o curso 2026-2027
As dez peñas do Real Madrid na provincia de Lugo reúnense por primeira vez nun encontro con 200 afeccionados
A xuntanza celebrouse no Pazo de Feiras e contou coa presenza de representantes do club e de antigos deportistas como Agustín Rodríguez, Chechu Biriukov e Alfredo Escobar
Ribadeo organiza unha saída ás Termas de Cuntis dentro do programa Muller e Benestar
A actividade de "Tempo para Ti" ofrece 50 prazas e permitirá elixir entre acceso ao spa ou unha opción que inclúe tamén a comida
Ribadeo inicia a maior actuación da súa historia para limpar e mellorar os camiños rurais
Os primeiros traballos comezaron en Cedofeita e Piñeiro, dúas das zonas afectadas polos incendios que queimaron 2.750 hectáreas xunto con Vilaframil e parte da Devesa
O BNG de Ribadeo pide activar o Plan Especial das Catedrais e crear un aparcadoiro público de pago
A formación levará ao Pleno unha moción para desenvolver o documento aprobado en 2020, buscar financiamento doutras administracións, construír un novo aparcadoiro e evitar macroeventos na contorna do Monumento Natural
Ribadeo homenaxea á pioneira Manuela Barreiro Pico cun mural de Diego As
O acto celebrarase este venres 25 de setembro ás 20.30 horas no Teatro de Ribadeo e incluirá unha representación da asociación La Moderna
Casa Maseda renacerá como nova oficina de turismo e punto de atención ao peregrino de Ribadeo
O novo convenio aprobado polo Goberno autonómico permitirá recuperar o inmoble do casco histórico e financiar tanto a súa adquisición como as obras
A Deputación replica a Ribadeo e asegura que informou ás familias da suba das tarifas da residencia
O organismo provincial sostén que contactou coas 21 familias máis afectadas pola actualización, que 19 delas foron atendidas presencialmente por técnicos e defende que ningún usuario paga por riba das súas posibilidades
Veciños da Avenida de América de Ribadeo únense contra os cambios da obra e estudan accións legais
Máis de 30 afectados cuestionan a eliminación de accesos a aparcadoiros privados, a perda de prazas de estacionamento e a supresión de zonas verdes e reclaman ao Concello solucións que teñan en conta aos residentes e negocios
Catro concellos lucenses acollerán os mellores espectáculos do norte peninsular co ciclo Camiño Escena Norte
Foz, Sarria, Lugo e Ribadeo programarán catro propostas teatrais e de ilusionismo entre o 26 de setembro e o 25 de outubro
Dez asociacións veciñais da Mariña reciben 71.000 euros para mellorar os seus locais sociais
As axudas do Goberno autonómico chegarán a colectivos do Vicedo, Ribadeo, Foz, O Valadouro, A Pontenova e Alfoz para financiar diferentes actuacións nas súas instalacións
Eventos
OcioenGalicia
XLVIII Rally San Froilán
OcioenGalicia
VI Jornada de Degustación de la Ternera de Ancares
OcioenGalicia
«Compaña», de Xampatito Pato, en Casa da Cultura (Ordes)
Ribadeo Accesible pecha a temporada tras achegar o mar a centos de persoas
O programa, prestado por Cruz Vermella desde o 15 de xuño, facilitou durante o verán o acceso ao mar a persoas con discapacidade ou mobilidade reducida
Ribadeo iniciará o 21 de setembro a recollida porta a porta de plásticos agrícolas
As explotacións interesadas deberán solicitar o servizo antes do 18 de setembro e deixar os residuos nun lugar accesible para o camión
Ribadeo converterá a Praza de Abastos nun punto de encontro arredor da economía social
A iniciativa combinará mesas de debate, formación, actividades e música para divulgar modelos de emprendemento baseados na cooperación e na participación
Ribadeo reunirá os seus maiores no III Encontro Día do Xubilado
A xornada terá lugar na explanada da lonxa cun xantar de confraternidade e baile co Dúo Venus
Ribadeo amplía a doce as cámaras para controlar o tráfico e protexer as zonas peonís
Os dispositivos buscan impedir o acceso de vehículos non autorizados ás áreas peonís e reforzar a protección do casco antigo
Leti da Taberna levará a Ribadeo o seu humor sobre o Camiño de Santiago con 'Enredadas no Camiño'
A humorista percorrerá previamente as rúas da vila para recoller historias de peregrinos e veciñanza que formarán parte dunha peza audiovisual que se proxectará ao final do espectáculo
Ribadeo leva aos centros educativos novas actividades sobre igualdade e diversidade
A programación inclúe accións contra a violencia de xénero, educación sexual e diversidade, ademais dun proxecto colectivo polo 25N






