Cortan ao tráfico un tramo da estrada provincial LU-P-5204 entre Cedofeita e Regocorto ata o 4 de novembro

AMariñaXa
A restrición afectará á vía entre os puntos quilométricos 3,600 e 6,700, no treito que pasa por Arante, e habilitaranse desvíos alternativos debidamente sinalizados
RIBADEO rua igrexa arante
29 Oct 2026

Un tramo da estrada provincial LU-P-5204 permanecerá cortado ao tráfico desde a tarde deste xoves, 29 de outubro, ata o mércores 4 de novembro, ambos os días incluídos. A restrición afectará ao treito comprendido entre os puntos quilométricos 3,600 e 6,700, na vía que comunica a parroquia de Cedofeita co núcleo de Regocorto a través de Arante, no concello de Ribadeo.

O corte realizarase durante o día e en xornadas laborables, polo que as persoas usuarias deberán recorrer aos desvíos alternativos habilitados na zona. Estes itinerarios estarán debidamente sinalizados para facilitar a circulación mentres duren os traballos.

As actuacións están a ser executadas pola empresa Desarrollos y Metas SL. Unha vez rematadas as obras de aglomerado en quente, procederase ao repintado da vía, unha intervención que estará condicionada pola evolución das condicións meteorolóxicas.

A previsión é que os traballos queden completamente rematados ao longo deste mes de novembro. Mentres se manteña a restrición, recoméndase aos condutores prestar atención á sinalización provisional e utilizar os itinerarios alternativos establecidos.

0.12938213348389