Novas de Ribadeo
Leti da Taberna levará a Ribadeo o seu humor sobre o Camiño de Santiago con 'Enredadas no Camiño'
A humorista percorrerá previamente as rúas da vila para recoller historias de peregrinos e veciñanza que formarán parte dunha peza audiovisual que se proxectará ao final do espectáculo
UCIN denuncia o "abandono" de espazos públicos na parroquia de Couxela, en Ribadeo
A formación independente sinala o estado do campo de fútbol, zonas infantís e de exercicio, cunetas, beiravías e contedores e reclama ao goberno municipal que actúe
Ribadeo despide agosto sobre dúas rodas cunha nova edición do Día da Bicicleta
A concentración será ás 10.30 horas diante do Pazo de Ibáñez e a ruta partirá ás 11.00 horas, cun sorteo de agasallos ao finalizar
O pavillón de Alfredo Deaño abre un novo choque entre PP e BNG por 30.000 euros para máis obras
O goberno de Ribadeo asegura que a pista non ten filtracións e que se actuará no hall e nos accesos aos baños, mentres os nacionalistas sosteñen que esas zonas xa foran incluídas nas obras anteriores
Ribadeo mellorará os locais sociais de sete parroquias
As actuacións inclúen a renovación de cubertas, pavimentos e ventás, melloras de accesibilidade e ampliación de espazos, ademais de novos sistemas de iluminación e calefacción
A Regueira recupera o seu encontro anual para reunir a veciñanza de Ribadeo
A tradicional comida dos residentes e antigos veciños do barrio celebrarase o venres 31 de xullo no restaurante O Furancho do Camiño
A confraría de Ribadeo recibe 150.000 euros para modernizar equipamentos e apoiar a pesca artesanal
As axudas mobilizadas entre 2025 e 2026 permiten reforzar a vixilancia e asistencia técnica, incorporar nova maquinaria e renovar o sistema frigorífico da lonxa
O lavado dos contedores chega a Ribadeo entre críticas pola limpeza durante o verán
O Concello asegura que segue a súa planificación anual, pero as queixas veciñais apuntan á necesidade de reforzar o servizo durante os meses de maior afluencia, especialmente nas parroquias
Ribadeo acollerá un novo recital de Guillermo Cruzado cun repertorio de grandes clásicos
O pianista volverá actuar na igrexa parroquial o 14 de agosto nun concerto marcado pola emoción e dedicado á memoria da súa nai
O BNG de Ribadeo critica a falta de coordinación das obras e os eventos na vila
A formación nacionalista denuncia atascos na Avenida de América e problemas de acceso na contorna da Praza do Campo, e reclama ao Goberno local unha maior planificación das actuacións
Veciños de Ribadeo alertan da maleza nas marxes de varias estradas das parroquias
Critican que dos catro tractores rozadoiros municipais só un estea operativo e advirten do risco que o estado dos laterais das vías supón para os peóns
O Trofeo Emma Cuervo presenta unha nova edición con dobre cita de fútbol en Ribadeo
O Pepe Barrera acollerá os enfrontamentos entre Deportivo e Sporting no torneo feminino e Racing de Ferrol e Real Avilés Industrial no masculino
O III Trofeo Feiraco reunirá no Pepe Barrera ao CD Lugo e ao Real Oviedo Vetusta
O torneo de pretempada disputarase o 8 de agosto en Ribadeo e consolídase como unha das citas do calendario estival
Ribadeo destina 50.000 euros á mellora dos accesos de Guildeiros e A Graña, en Ove
A actuación permitirá rehabilitar dous viarios considerados estratéxicos para a comunicación da parroquia dentro do Plan Avanza Rural
Ribadeo culmina a recuperación da fonte e do lavadoiro do Cristo de Rinlo cun investimento de máis de 32.000 euros
A actuación permitiu rehabilitar este espazo patrimonial e mellorar o seu entorno, incluíndo o acceso, a drenaxe e as zonas verdes
Sete empresas optan á redacción do proxecto para desenvolver solo destinado a 300 vivendas protexidas en Ribadeo
A Xunta licita por preto de 250.000 euros os traballos previos para urbanizar unha superficie de 7,6 hectáreas no oeste da vila
Santa Cruz renova a súa imaxe con nova iluminación e melloras na estrada de acceso
A actuación puxo en valor os monumentos, o miradoiro, a fonte e a área recreativa, ademais de renovar o pavimento da baixada
O PSdeG de Ribadeo destaca a mellora da estrada entre Cedofeita, Arante e Regocorto
Os socialistas valoran o investimento da Deputación na LU-P-5204 e consideran a actuación clave para reforzar a seguridade e a mobilidade nas parroquias rurais
Ribadeo reclama a Portos de Galicia actuacións en Rinlo e Porcillán para mellorar as infraestruturas portuarias
O Concello solicita a renovación da rampla de acceso de Rinlo e novas actuacións en iluminación, accesibilidade e servizos na zona portuaria ribadense
Comezan as obras da Avenida de América para mellorar o acceso ao novo centro de saúde de Ribadeo
A actuación, dotada con 350.000 euros, renovará as redes de saneamento e abastecemento, ademais da pavimentación, a iluminación e a contorna da principal entrada á vila
O BNG propón un estudo sobre a vivenda e un rexistro das VUT para analizar o impacto do turismo en Ribadeo
A formación nacionalista levará ao pleno unha moción coa que busca obter un diagnóstico da situación residencial e avaliar futuras medidas para garantir o acceso á vivenda
Regresará o servizo de transporte gratuíto á Festa do Percebe de Rinlo do próximo sábado
Os horarios serán de 12 a 15 horas, dende a estación de autobuses de Ribadeo a Rinlo, de forma continuada. E de nove da noite a unha da madrugada, dende Rinlo á estación de autobuses, tamén de forma continuada
A Xira de Santa Cruz homenaxeará a música tradicional cunha nova edición os días 1 e 2 de agosto
Pablo Díaz e Olga Kirk serán os pregoeiros dunha festa de interese turístico de Galicia que volverá reunir familias e amantes da cultura galega no Monte de Santa Cruz
Calabash regresa aos escenarios de Ribadeo oito anos despois cun concerto cargado de emocións
O grupo de percusión da Escola Municipal de Música e Danza actuará o 31 de xullo no Auditorio Hernán Naval nunha noite dedicada ás familias, aos antigos integrantes e á memoria de Hernán Naval




