Concello
Ribadeo aínda arrastra un desaxuste de 740.000 euros pese á redución da débeda
O Concello asegura que reduciu o desequilibrio desde os 1,5 millóns de euros de 2023, pero o alcalde recoñece que asumir a súa parte no abastecemento de auga será "bastante duro"
Burela amplía a zona peonil no cruce de Arcadio Pardiñas con Eijo Garay
Os traballos, incluídos no Plan de Mobilidade Urbana Sustentable, mellorarán o itinerario peonil cara aos centros escolares e ao centro urbano
O goberno de Lourenzá admite que as propostas do BNG son necesarias pero xustifica o seu voto en contra
O executivo escúdase na situación das arcas municipais e na procura de financiamento doutras administracións para non comprometer partidas nos próximos orzamentos
O BNG de Lourenzá critica o rexeitamento das súas propostas para uns orzamentos de 2026 aínda sen elaborar
Os nacionalistas censuran que o goberno municipal votase en contra dunha moción con partidas que consideran prioritarias e cuestionan que os orzamentos de 2026 sigan sen elaborarse cando o ano entra na súa recta final
Viveiro busca voluntarios para apoiar a menores con dificultades durante o curso escolar
A iniciativa está destinada a menores en situación de desvantaxe social e desenvolverase os luns e mércores no Centro de Servizos Sociais
LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa
O PP alerta de un posible coste de 17 millones para os concellos de Lugo pola tarifa da agua
Viveiro abre o camiño para regular a pirotecnia sonora e avanzar nunha ordenanza contra o ruído
O pleno apoia estudar límites para as bombas de palenque e outras detonacións e dá luz verde ao inicio dos traballos dunha normativa que concilie o descanso coa actividade hostaleira e de lecer
Unha trintena de mozos participan nas actividades de verán da Casa da Xuventude de Burela
A programación, que combina xogos, deporte, robótica e matemáticas para participantes de 12 a 18 anos, finalizará este xoves 27 de agosto
A praia Urbana de Burela acolle este sábado a segunda Festa Acuática do Verán Acuático
A programación incluirá inchables, kaiak, paddle surf e actividades para toda a familia nunha tarde de lecer ao aire libre
O PXOM de Viveiro dá un novo paso coa publicación da documentación técnica na web municipal
O Concello pon á disposición da cidadanía o documento da aprobación provisional para facilitar a consulta dun plan chamado a definir o futuro urbanístico do municipio
Viveiro inicia a renovación da estrada das Nogueiras para mellorar a seguridade e os accesos a San Roque
A actuación, financiada con 120.000 euros pola Xunta, ampliará a calzada, renovará os servizos básicos e facilitará o paso dos vehículos de emerxencia
O Laser Tag súmase á programación estival de As Noites de Foz
A actividade, dirixida a maiores de 10 anos, desenvolverase os días 27 e 28 de xullo no Parque Rosalía de Castro e no Campo da Cabana
Licitada por 320.000 euros a lavandería e a cociña do Hospital Asilo de Ribadeo
O Concello inicia a contratación das obras e do equipamento destas instalacións, mentres continúa a reclamación xudicial contra a anterior empresa adxudicataria tras a rescisión do contrato
O delegado da Xunta e a alcaldesa de Barreiros analizan os proxectos autonómicos en marcha no municipio
A rehabilitación do CEIP San Miguel de Reinante, o obradoiro de emprego Constrúe en Verde II e a mellora de servizos básicos centraron a reunión institucional
O XI Ribadeo Indiano superou as 60.000 visitas, cun impacto económico de máis de 3 millóns de euros
O alcalde, Dani Vega, destacou a consolidación da celebración e agradeceu o traballo da veciñanza, do tecido económico, das administracións e do persoal municipal
Trabada reclama á Xunta unha nova motobomba para reforzar a resposta fronte aos incendios forestais
O Concello insiste na necesidade de renovar o vehículo tras o incendio rexistrado esta semana no Alto do Picato e lembra que a petición xa fora trasladada en 2024
Foz habilitará un Punto Violeta e un Punto LGTBIQA+ durante as festas patronais da Virxe do Carme
Os espazos funcionarán nos días principais das celebracións en horario nocturno e incorporarán como novidade pulseiras Centinela para detectar substancias estupefacientes
Burela prepara unha prospección científica na Punta do Cabo para estudar o castro mediante técnicas non invasivas
Os traballos comezarán a principios de agosto e permitirán obter información sobre a estrutura e extensión do xacemento, aínda sen investigar con metodoloxía científica
Eventos
Foz remodela o acceso ao instituto para mellorar a seguridade do alumnado
O Concello investiu 120.000 euros nunha actuación que inclúe un paso de peóns elevado, novas beirarrúas, iluminación e marquesiñas para o transporte escolar
O Concello de Cervo apoia un novo curso de forxa tradicional impartido por Telmo Cao en Sargadelos
A formación desenvolverase durante o mes de agosto en dúas fases e contará coa colaboración do Concello para facilitar o acceso do alumnado
A Oficina de Turismo de Alfoz do Castrodouro activa o seu horario de verán
O servizo abrirá de xoves a domingo con atención en horario de tarde durante a semana e en quenda de mañá e tarde durante a fin de semana
Catro percorridos gratuítos guiarán aos visitantes polos tesouros agochados de Xove este verán
O Concello organiza un programa de sendeirismo ambiental e cultural para os meses de xullo e agosto con prazas limitadas
O deporte sobre a area activa o gran programa de lecer para o verán no concello de Cervo
A praia do Torno estrea este martes as de fútbol mentres avanzan os obradoiros infantís e as rutas gratuítas en kaiak
O Partido Popular denuncia unha vaga de impagos e debedas no Concello de Lourenzá
A formación opositora sinala que a administración local aínda non abonou os premios do Entroido nin diversas facturas a provedores e ex-empregados
O servizo municipal de limpeza de Trabada refórzase cunha nova bolsa de emprego temporal
O goberno local habilita un proceso de selección urxente esta semana para garantir o mantemento das rúas durante as vacacións do persoal








