A Oficina de Turismo de Alfoz do Castrodouro activa o seu horario de verán

O servizo abrirá de xoves a domingo con atención en horario de tarde durante a semana e en quenda de mañá e tarde durante a fin de semana
CasteloCastrodouro-alfoz
9 Jul 2026

A Oficina de Turismo de Alfoz do Castrodouro xa funciona co seu horario de verán para ofrecer información e atención ás persoas que visiten o municipio durante os próximos meses.

O servizo permanecerá aberto os xoves e venres en horario de 16.30 a 19.30 horas. Pola súa banda, os sábados e domingos atenderá ao público en quenda de mañá, de 11.30 a 13.30 horas, e tamén pola tarde, entre as 16.00 e as 20.00 horas.

Con este horario estival, a oficina facilitará información sobre o patrimonio, a historia e os principais puntos de interese de Alfoz do Castrodouro, co obxectivo de atender tanto á veciñanza como ás persoas que se acheguen ao municipio durante a tempada de verán.

0.11928296089172