Novas de Burela
Seis concellos de Lugo ofrecen teatro afeccionado esta fin de semana
O ciclo impulsado pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación levará representacións a Burela, Carballedo, Taboada, As Nogais, Monterroso e Pantón entre o venres 30 de outubro e o domingo 1 de novembro
O BNG de Burela cuestiona as cifras da Xunta sobre os investimentos nos centros educativos
O tenente de alcaldesa, Mario Pillado, asegura que a ampliación do IES O Perdouro custou 360.000 euros e non os 770.000 que atribúe a Consellería, e reclama melloras de accesibilidade e diálogo coa Administración autonómica
A Casa da Cultura de Burela acolle este venres unha nova representación teatral
A proposta aborda, dende a comedia, a importancia de ser diferentes e de enriquecer a sociedade a través das distintas personalidades dos seus cidadáns
Touriñán leva a Burela o seu humor sobre as contradicións da relación cos animais
O actor e humorista presentará "MOI ANIMAL" o sábado 28 de novembro na Casa da Cultura, cunha dobre función ás 18.30 e ás 21.00 horas
Burela viaxará aos grandes éxitos do pop español co tributo "Noches encendidas"
O concerto celebrarase o venres 20 de novembro na Casa da Cultura e renderá homenaxe á música de Mecano, La Oreja de Van Gogh e Amaral
Burela instala un novo refuxio para gatos e suma 34 esterilizacións e 28 adopcións este ano
O Concello tamén acreditará as persoas alimentadoras voluntarias e facilitaralles material para mellorar o coidado das colonias felinas
A Plataforma Sanitaria da Mariña alerta do deterioro asistencial e da falta de persoal nos centros de saúde e no hospital
O colectivo denuncia esperas de ata sete meses en saúde mental, carencias en pediatría e matronas, servizos hospitalarios sen cobertura completa e a redución da atención domiciliaria
O PP de Burela denuncia a "improvisación" do goberno local e "irregularidades" nunha factura de 70.000 euros
Os populares critican que o Concello tardase nove meses en pagar a factura e tivese que recorrer a un novo recoñecemento extraxudicial de créditos por falta de previsión orzamentaria
A Fundación Expomar promove unha misión comercial internacional desde Cabo Verde
Colabora coa Consellería do Mar promocionando o sector pesqueiro galego na Feira Expomar de Cabo Verde, que se celebra na illa de San Vicente
Lugo, Quiroga, Monforte, Burela e Foz conmemoran o Día do Cancro de Mama con actos de sensibilización
A Asociación Española Contra o Cancro organizará mesas informativas, lecturas de manifestos e actividades solidarias para dar visibilidade á enfermidade e reclamar unha atención máis humana e integral para as pacientes
Burela dedica unha semana aos dereitos da infancia e da adolescencia con actividades e formacións
A programación desenvolverase do 19 ao 23 de outubro e inclúe xogos na praza do Concello, unha mesa redonda sobre educación sen discriminación e un concerto do grupo adolescente Blood Skeleton
O BNG denuncia o deterioro do CEIP Vista Alegre de Burela e reclama unha reforma integral
Daniel Castro advirte de humidades, filtracións, problemas de accesibilidade e deficiencias estruturais no centro, mentres reclama tamén melloras no IES O Perdouro e no CEIP Os Castros
A SD Burela celebra os seus 60 anos cun programa centrado na súa historia
A Deputación de Lugo colaborará nas propostas, que inclúen a recuperación de camisolas históricas e a proxección de dous documentais
A intensa chuvia provoca inundacións e incidencias en Foz e Burela
A estación meteorolóxica de Foz rexistrou 32,2 litros por metro cadrado e os servizos de emerxencias contabilizaron 20 incidencias na provincia de Lugo
Portos de Galicia non ve posible reverter ao Estado os terreos da Travesía do Porto solicitados por Burela
A presidenta do ente público, Natalia Botana, sinala que a parcela número 7 mantén potencial para a actividade portuaria, mentres que o Miradoiro da Limosa non pode ser obxecto de reversión
Burela prepara o primeiro Trail Monte Castelo con dúas modalidades deportivas
A proba, organizada por Move-t coa colaboración do Concello, ofrecerá un trail e unha andaina por un percorrido que combinará tramos urbanos e zonas de montaña
Dous institutos da Mariña volven exercer como Escolas Mentoras do Parlamento Europeo
Os dous institutos da Mariña forman parte dos sete centros galegos que exercerán como titores doutras Escolas Embaixadoras durante o curso 2026-2027
Eventos
As dez peñas do Real Madrid na provincia de Lugo reúnense por primeira vez nun encontro con 200 afeccionados
A xuntanza celebrouse no Pazo de Feiras e contou coa presenza de representantes do club e de antigos deportistas como Agustín Rodríguez, Chechu Biriukov e Alfredo Escobar
"Cinco anos despois, seguimos aquí": a ANPA do Vista Alegre reclama solucións e rexeita "guerras políticas"
Sara Calvo Yanes reflexiona tras acudir ao Pleno de Burela con cascos e chalecos e defende que as familias non están "manipuladas": "Non queremos buscar culpables. Queremos solucións"
Cascos e chalecos de obra no Pleno de Burela para reclamar a reforma integral do CEIP Vista Alegre
As familias iniciaron o seu particular "curso escolar" de mobilizacións acudindo á sesión municipal, na que saíu adiante con sete votos a favor unha moción do BNG sobre as necesidades dos centros educativos da vila
'A Arte do Tourette' regresa a Burela cunha xornada gratuíta para mirar máis alá dos tics
A Casa da Cultura acollerá o 3 de outubro un encontro aberto ao público con música, un documental, unha actividade interactiva e a participación da neuropsicóloga Roxana Apollonio Cabrera
Burela cambia as raias polas pintas e estrea o seu primeiro 'Paso de Vaca'
A iniciativa transforma as tradicionais raias dun paso de peóns nas manchas dunha vaca frisoa para reivindicar o rural, o sector primario e unha mobilidade máis sostible
O proxecto Pescarte, para o impulso da pesca costeira artesanal, presentouse en Burela
A iniciativa busca divulgar as artes tradicionais, fomentar o relevo xeracional e promover o consumo dos produtos pesqueiros locais, con especial atención ás especies menos coñecidas pero con potencial gastronómico
A Escola de Música de Burela achega o alumnado da ESO ao mundo da produción musical
A sesión celebrarase o 22 de setembro e permitirá coñecer diferentes aspectos relacionados co son, a gravación e os procesos de produción musical









