Novas de Viveiro
Rodrigo Navarro e Sofía Souto levan dous ouros en barco dragón nos European Police & Fire Games de Vigo
O viveirense e a carballesa dirixiron unha embarcación integrada por membros da Policía Nacional e do Exército do Aire e do Espazo, que se impuxo nas probas de 200 e 2.000 metros
Lugo reúne 151 deportistas nos Xogos Autonómicos de Baloncesto de Special Olympics
O Pazo Provincial dos Deportes acollerá este sábado, 17 de outubro, a 30ª edición da competición, que contará con participantes de 13 entidades sociais galegas e incluirá a entrega do Premio ás Boas Prácticas no Deporte
Viveiro celebrará o Magosto o 31 de outubro con obradoiros, música tradicional e castañas
O Colectivo Pensamento e Sementeira organiza unha xornada con actividades para a cativada, un taller de cerámica e actuacións musicais a partir das 21.00 horas
Viveiro estrea unha xornada de tute e xogos de mesa para compartir as tardes
A actividade celebrarase no Conservatorio de Música e incluirá un torneo por parellas e un espazo de participación libre para toda a cidadanía
O BNG de Viveiro inicia as reunións veciñais para deseñar o Plan Parroquias 2027-2031
A formación nacionalista quere identificar as necesidades de cada parroquia e fixar prioridades para o próximo mandato municipal contando coas achegas da veciñanza
Viveiro mobiliza máis de 203.000 euros para mellorar accesos e vías en Landrove, Galdo e Magazos
As actuacións permitirán reforzar a seguridade e accesibilidade, mellorar o drenaxe e renovar a sinalización nas pistas de acceso ao parque empresarial e á zona de Barbeito
Viveiro amplía as actividades para as persoas maiores con un torneo de tute
A iniciativa desenvolverase entre outubro e marzo e incluirá tamén un espazo aberto para xogar ao tute, ao parchís e a outras propostas de mesa.
Viveiro prolonga en outubro a celebración da súa Semana Santa con actividades culturais e relixiosas
Unha exposición fotográfica, xornadas de portas abertas, actos relixiosos, visitas guiadas, propostas infantís e un concerto de música sacra conforman o programa, con todas as actividades gratuítas
As dez peñas do Real Madrid na provincia de Lugo reúnense por primeira vez nun encontro con 200 afeccionados
A xuntanza celebrouse no Pazo de Feiras e contou coa presenza de representantes do club e de antigos deportistas como Agustín Rodríguez, Chechu Biriukov e Alfredo Escobar
O Vicedo achégase aos tres anos de protestas mensuais para reclamar médicos no centro de saúde
A veciñanza volveu saír este domingo ás rúas para reclamar que se cubran as dúas prazas e advertir de que un único facultativo resulta insuficiente para atender o municipio
A UNED de Lugo amplía a UNED Sénior a sete materias para o curso 2026-2027
A matrícula abrirá o 28 de setembro en Lugo, Sarria, Monforte de Lemos e Viveiro, cunha programación que incorpora novas materias e profesorado
Viveiro busca voluntarios para apoiar a menores con dificultades durante o curso escolar
A iniciativa está destinada a menores en situación de desvantaxe social e desenvolverase os luns e mércores no Centro de Servizos Sociais
Viveiro proxecta unha nova glorieta entre a LU-862 e a LU-539
O proxecto sairá a información pública este mes de setembro e prevé substituír a actual intersección elíptica por unha rotonda circular, cun prazo de execución de seis meses e a previsión de licitar as obras en 2027
Adxudicadas as actuacións de protección contra a contaminación acústica na LU-862 en Viveiro
Os traballos desenvolveranse en dous treitos ao paso polo núcleo urbano do municipio lucense, que suman 1,5 quilómetros, e favorecerán o calmado de tráfico
Cinco xogadores do Club O Cembedo de Viveiro competirán coa selección española no Europeo Sénior
Marta Castro, Jorge Santamariña, Iván Suárez, Mercedes Ballesteros e Luis Ramallal formarán parte da expedición española, integrada por 76 deportistas
Portos derrubará en 2027 as naves abandonadas do peirao norte de Celeiro
A actuación, reclamada pola confraría de pescadores, afectará á antiga fábrica de xeo, cámaras e instalacións de tratamento de peixe e completarase con melloras no saneamento e nos servizos da dársena
Urbanismo require nova documentación do PXOM de Viveiro antes de continuar coa súa tramitación
Os técnicos municipais e o equipo redactor estudan as cuestións formuladas pola Dirección Xeral tras a aprobación provisional do Plan en xullo e a alcaldesa convocará a Comisión do PXOM a próxima semana
Eventos
Celeiro mobilízase contra o peche do peirao vello para o baño
A veciñanza convoca unha protesta para este venres 18 de setembro ás 20.00 horas na praia, unha mobilización á que o PSOE de Viveiro anunciou o seu apoio
O sector pesqueiro de Celeiro reclama máis vixilancia no porto tras varios danos e posibles furtos
Profesionais da frota alertan de incidentes no peirao de baixura e no peirao norte, con redes danadas e material desaparecido das embarcacións
Viveiro mellorará os accesos ao monte San Roque cun investimento de preto de 122.000 euros
A actuación renovará o firme, as redes de saneamento e abastecemento, a recollida de pluviais e diferentes elementos de seguridade e accesibilidade
A Ruada de Contos de Viveiro continúa con dúas citas os sábados 12 e 19 de setembro
A Cova das Letras e Tarabela protagonizarán os dous espectáculos, que se celebrarán ás 12.30 horas no Atrio de Santa María
O BNG de Viveiro percorrerá as parroquias para definir as prioridades do próximo mandato
A formación continuará en outubro e novembro unha rolda de encontros iniciada en Magazos para recoller propostas e necesidades de cada núcleo
Comeza o proceso de selección de persoal para ampliar os seis parques de bombeiros da provincia de Lugo
Un total de 233 persoas competirán polas 37 prazas que se ofrecen, das que 11 son vacantes e 26 son de nova creación
Melomanía abre a matrícula en Viveiro con viola e violonchelo como novidades do novo curso
A asociación de alumnado adulto do Conservatorio amplía a súa oferta formativa e mantén disciplinas como canto, piano, guitarra, batería, gaita, saxofón ou baixo eléctrico









