Novas de Viveiro
Viveiro dá un paso decisivo cara ao novo PXOM coa aprobación inicial por unanimidade
O documento continuará agora a súa tramitación na Xunta tras superar unha nova fase administrativa, despois de rexistrar máis de 500 alegacións e dun intenso debate político no pleno
O Club Ciclista Viveiro renderá homenaxe a Isidro Fernández no 41º Gran Premio San Roque
A competición, que se disputará este sábado, levará por primeira vez o nome de Memorial Isidro Fernández e reunirá durante toda a xornada a distintas categorías de ciclismo
Viveiro acollerá unha nova edición do festival Ether cun cartel que aposta pola electrónica contemporánea
O evento celebrarase os días 17 e 18 de xullo de 2026 e reunirá artistas internacionais e figuras clave da escena techno e house
A Deputación destina un millón de euros a estradas na Terra Chá e en Viveiro
A Xunta de Goberno licitou este venres un proxecto por case 250.000 euros para dúas vías provinciais en Abadín e tamén adxudicou obras en Vilalba, Guitiriz, Castro de Rei e Viveiro por case 735.000 euros
A Banda de Música O Landro presenta a súa nova Banda Xuvenil para impulsar a remuda xeracional
O proxecto busca incorporar progresivamente á mocidade á formación musical e promover valores como o compañeirismo, o compromiso e o traballo en equipo
O lixo acumulado tras o Resurrection Fest centra as esixencias de mellora para o vindeiro pleno de Viveiro
Os socialistas reclaman un plan de choque inmediato na recollida de residuos para evitar contedores desbordados e malos cheiros na zona portuaria
O punto limpo móbil continuará o seu percorrido por Viveiro con novas paradas ata outubro
O servizo de recollida itinerante de residuos especiais pasará por Chavín, Vieiro, Covas, Misericordia, Area, Celeiro e Viveiro tras completar o seu paso por outras seis parroquias
Celeiro renderá homenaxe ás súas tradicións mariñeiras en catro días de festa
As Festas Patronais e do Mar ofrecerán un completo programa con verbenas, actos relixiosos, gastronomía, deporte e actividades para todas as idades
Presentado o programa da histórica Rapa de Candaoso que reunirá tradición e andadura no monte de Viveiro
A área de Rural da Deputación de Lugo apoiará a quincuaxésimo quinta edición cunha degustación gratuíta de carne de poldro de Pura Raza Galega
Iron Maiden fai historia en Viveiro cun Resurrection Fest entregado á súa xira do 50 aniversario
A banda británica reuniu a milleiros de seguidores de varias xeracións nun dos concertos máis agardados desta edición do festival
Seis músicos da Banda O Landro representarán a Viveiro na Banda Sinfónica Xuvenil Galega
Os novos intérpretes participarán esta semana no encontro autonómico de Celanova, un dos principais referentes da formación musical xuvenil en Galicia
Presentada a vixésimo primeira edición do Resurrection Fest nun acto na Deputación de Lugo
Pablo Rivera Capón e Esteban Girón presentan en Lugo a vixésimo primeira edición do festival, que se celebrará do 1 ao 5 de xullo
Celeiro impulsará a modernización do sector pesqueiro con máis dun millón de euros en investimentos
A Confraría de Pescadores desenvolverá actuacións para reforzar a calidade, a conservación dos produtos e a competitividade do porto
Viveiro achegará á cidadanía as claves do gran eclipse solar de 2026 da man da Deputación
A astrofísica Lucía González Cuesta protagonizará unha charla divulgativa sobre un fenómeno que situará Lugo entre os mellores lugares para a súa observación
Burela rende homenaxe a Rodrigo Maseda antes do inicio do Memorial Heroes de Orzán
O torneo de fútbol sala base reunirá a preto dun milleiro de participantes en diferentes concellos da Mariña
O Taekwondo Jansu-Ujeong de Viveiro pecha a tempada con sete medallas no Open Internacional da Alcarria
O club mariñán acadou destacados resultados en combate e técnica fronte a deportistas de varios países e algúns dos mellores equipos do panorama estatal
O PSOE acusa ao Concello de Viveiro de falta de planificación na posta en marcha da nova liña de autobús
Os socialistas consideran positivo contar cun servizo que conecte os principais núcleos do concello, pero critican a falta de promoción, sinalización e explicacións sobre a súa posta en marcha
Celeiro prepara unha nova exaltación da súa merluza máis emblemática
A Festa da Merluza celebrará a súa vixésimo sexta edición cunha cea popular, música e nove propostas gastronómicas arredor do produto estrela da vila mariñeira
O Conservatorio de Viveiro pecha o curso con tres concertos abertos ao público
O Coro de Adultos, varias agrupacións modernas e un recital de voz e instrumentos protagonizarán as últimas actuacións da tempada
Baiona, O Porto do Son e Viveiro lideran un proxecto de praias inclusivas
Instalarán estruturas climáticas sostibles en areais que sirvan de refuxio ás persoas con problemas de mobilidade en caso de condicións meteorolóxicas adversas
A Mariña volverá unir deporte e memoria na XIII edición do torneo Heroes do Orzán
Máis de mil mozos e mozas de distintos puntos da Península competirán en cinco concellos da comarca nun evento que honra o legado de Rodrigo Maseda e dos axentes que perderon a vida no rescate do Orzán
Viveiro reservará prazas de estacionamento para residentes en Celeiro durante o Resurrection Fest
O Concello habilita unha zona específica nas rúas Lavandeiras, Arribada e Rego da Fonte para minimizar o impacto do festival na veciñanza
O BNG de Viveiro presenta 32 alegacións e reclama manter a variante integrada na VAC da Costa Norte
A formación nacionalista cuestiona o estudo de alternativas e rexeita as opcións que apostan por unha estrada convencional
O remeiro viveirense Iván Teixeiro fai dobrete e conquista Galicia e España en traiñeiras
O deportista conquistou en apenas unha semana dous dos principais trofeos da modalidade coa Asociación Deportiva Esteirana




