Novas de Viveiro
O Albergue Xuvenil Area de Viveiro será renovado cun investimento de 690.000 euros
A actuación permitirá renovar a calefacción, parte da rede de saneamento e o abastecemento de auga, ademais de modernizar diferentes espazos do complexo
O BNG de Viveiro propón unha ordenanza contra o ruído para mellorar a convivencia
A formación quere regular os ruídos relacionados coa hostalería, terrazas, obras, tráfico, festas e outras actividades e propón que o borrador estea listo nun máximo de seis meses
O BNG de Viveiro critica que a limpeza dos ríos se deixe para o outono
Os nacionalistas consideran que os traballos deberían realizarse agora, cando as canles levan menos auga, mentres o Goberno local asegura que prepara as actuacións para despois do verán
O PSOE de Viveiro destaca o apoio da Deputación ás festas e pide coñecer a achega da Xunta
Os socialistas solicitarán no próximo Pleno que o Goberno local detalle a colaboración económica de cada administración e as actividades ás que se destinaron os fondos
O PSOE de Viveiro reivindica a planificación das obras da avenida de Santiago durante o seu mandato
Os socialistas destacan que a actuación foi incorporada ao Plan Deputación 2025 polo anterior Goberno municipal e celebran a finalización dos traballos en Covas
Viveiro acolle esta tarde a presentación de “Mulleres de Salitre”, unha homenaxe ás mulleres do mar da Mariña
O libro de Paco Rivas, editado polo Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, será presentado este sábado ás 19.30 horas no marco da Feira do Libro
Máis de 150 padexeiros competirán este sábado na ría de Viveiro
A cuarta regata da Copa Deputación de Piragüismo comezará ás 16.00 horas e reunirá deportistas de seis clubs lucenses en diferentes categorías de base
Boga Mariñeiro sementa en Viveiro un proxecto pensado para perdurar
A asociación, formada por once persoas de diferentes idades, impulsa unha escultura de Francisco Leiro inspirada en Catro vellos mariñeiros e aspira a contribuír á vida cultural e ao futuro da cidade
O PSOE de Viveiro reclama que os grupos locais cobren polas actuacións nas festas
Os socialistas consideran que as formacións culturais que participan na programación municipal deben recibir unha compensación e lembran que unha moción presentada neste sentido foi rexeitada polo PP e Por Viveiro
Boga Mariñeiro nace en Viveiro para levar ao espazo público unha obra de Francisco Leiro
A asociación presentarase o 14 de agosto cun proxecto que busca crear no paseo marítimo unha escultura inspirada en Catro vellos mariñeiros e na estreita relación da cidade co mar
O Teatro Pastor Díaz recibirá un investimento de 200.000 euros para garantir a súa conservación e modernización
As actuacións, que se executarán entre 2026 e 2027, permitirán solucionar filtracións, mellorar a seguridade e renovar diferentes instalacións do emblemático espazo cultural viveirense
Viveiro inicia a renovación da estrada das Nogueiras para mellorar a seguridade e os accesos a San Roque
A actuación, financiada con 120.000 euros pola Xunta, ampliará a calzada, renovará os servizos básicos e facilitará o paso dos vehículos de emerxencia
O PSdeG de Viveiro acusa á Xunta de cambiar de criterio cos investimentos tras o relevo no Concello
María Loureiro sostén que proxectos agora impulsados polo Goberno galego permaneceron bloqueados durante os mandatos socialistas e reivindica unha política baseada na colaboración institucional
O mercado semanal de Viveiro trasladarase aos Xardíns Noriega Varela durante agosto
A instalación do palco das Festas de San Roque obriga a modificar temporalmente a localización e o calendario do mercado
Viveiro presenta unha ampla programación para agosto e desvela a pregoeira das Festas de San Roque 2026
Concertos, actividades culturais, eventos deportivos e novidades como a Festa da Xuventude e as charangas marcarán un calendario pensado para todos os públicos
Últimos días para inscribirse na XLVIII Gran Tirada Concello de Viveiro
O torneo, organizado polo Club de Tiro San Roque, celebrarase o vindeiro 15 de agosto
A Festa da Xuventude volverá encher de música os Xardíns Noriega Varela na madrugada do 8 de agosto
A Discomóbil Hermo protagonizará unha nova edición da cita, na que a SD Viveiro destinará a recadación da cantina ao inicio da súa tempada deportiva
Viveiro estrea a Milla Internacional do Cantábrico para converterse nun referente do atletismo urbano
A cidade acollerá os días 17 e 18 de outubro un gran evento deportivo con tres competicións, actividades para todos os públicos e a participación do atleta olímpico Adrián Ben como embaixador
Viveiro abre o luns o prazo para que os máis pequenos leven os enanitos dos cabezudos nas festas patronais
Os nenos e nenas de entre 7 e 12 anos poderán inscribirse no Teatro Pastor Díaz ata completar as prazas dispoñibles
O BNG acusa a Portos de Galicia de prexudicar a Viveiro con decisións que afectan á mobilidade e ás reivindicacións sociais
Os nacionalistas censuran o peche de espazos durante o Resurrection Fest, a eliminación da parada do autobús en Celeiro e a retirada de pancartas, e critican a falta de resposta do goberno local
Viveiro reunirá en setembro aos amantes dos vehículos clásicos nunha xornada de ruta, música e convivencia
A concentración reunirá aos afeccionados ao motor nunha xornada que incluirá recepción en Covas, ruta turística, petiscos, sesión vermú e comida
Viveiro abre a reserva de entradas para a homenaxe teatral a 'Catro Vellos Mariñeiros'
A representación celebrarase o mércores 5 de agosto no Teatro Pastor Díaz e as solicitudes poderán realizarse por teléfono ou correo electrónico
Celeiro honra á Virxe do Carme cunha multitudinaria procesión marítima e unha emotiva homenaxe aos mariñeiros
A imaxe da patroa dos mariñeiros percorreu a ría de Viveiro a bordo dunha embarcación, acompañada por numerosas naves que participaron nun desfile marítimo marcado pola emoción e a devoción
A procesión marítima da Virxe do Carme contará cun dispositivo especial da Consellería do Mar na ría de Viveiro
A figura navegará a bordo do arrastreiro de litoral Bautista Pino, mantendo unha das tradicións máis arraigadas do sector pesqueiro e da comunidade mariñeira da comarca



