O pavillón municipal de Viveiro renovará parte das fiestras cun investimento de máis de 48.000 euros

O Pavillón Polideportivo Municipal de Viveiro será obxecto de obras para substituír parte da carpintería exterior, debido ao seu estado de deterioración. A intervención ten como obxectivo mellorar a seguridade das instalacións e o comportamento enerxético do edificio.
Os traballos contan cun orzamento base de licitación de 48.215,68 euros, IVE incluído, e están financiados pola Xunta de Galicia.
A actuación limitarase á renovación dos elementos exteriores afectados, polo que non modificará o uso deportivo do pavillón nin os parámetros urbanísticos do edificio.