O Samaín chega aos bailes para maiores de Viveiro con música do Dúo Caramelo

AMariñaXa
A nova sesión de 'Viveiro baila' celebrarase este sábado 31 de outubro, a partir das 19:00 horas, no salón de actos do Conservatorio
VIVEIRO baile
29 Oct 2026

A programación especial de Samaín de Viveiro incluirá este sábado unha nova sesión de «Viveiro baila», a proposta municipal de bailes de tarde dirixida ás persoas maiores. A actividade terá lugar o 31 de outubro, a partir das 19:00 horas, no salón de actos do Conservatorio de Viveiro.

Nesta ocasión, a música correrá a cargo do Dúo Caramelo, que amenizará unha tarde pensada para favorecer o lecer, o baile e a convivencia entre os asistentes.

A iniciativa forma parte das actividades organizadas polo Concello con motivo do Samaín, cunha programación que busca ofrecer propostas para diferentes idades. Os bailes de 'Viveiro baila' constitúen unha cita de encontro para as persoas maiores da localidade, que poderán compartir unha nova xornada de música e diversión.

A sesión celebrarase o sábado pola tarde e estará aberta á participación das persoas interesadas en sumarse a esta proposta.

0.14539480209351