Novas de Viveiro
A Mariña conmemora o 25N con actos reivindicativos, actividades educativas e propostas culturais
As actividades do mércores incluirán lecturas de manifestos, talleres de defensa persoal, propostas creativas e accións nos centros educativos
A Ruta dos Bancos Violeta alcanza a súa sétima edición cun novo relevo entre Xove e Viveiro
A iniciativa de BUMEI Galicia percorre A Mariña Lucense para sensibilizar sobre a violencia de xénero e implicar aos concellos na súa erradicación
Viveiro conmemorará o 25N cunha andaina e actividades na Pista Violeta
As propostas desenvolveranse os días 21 e 25 de novembro coa colaboración de Bumei Galicia, centros educativos e entidades deportivas
O Camiño Gastronómico do Mar culmina sete etapas pola costa galega este domingo
A iniciativa da OPP-7 Porto de Burela e da Asociación Amigos do Camiño do Mar percorreu durante seis semanas A Mariña e Ferrolterra, combinando sendeirismo e degustacións de produtos pesqueiros
Viveiro incorpora un novo vehículo 4x4 con plataforma elevadora ao parque móbil municipal
O equipamento destinarase ao departamento de Obras e permitirá realizar intervencións ambientais, conservar vías e servizos e actuar en zonas de difícil acceso
Aspanane transforma en arte os plásticos recollidos na praia de Covas
As persoas usuarias da asociación elaboraron pezas artísticas con materiais recollidos meses atrás na area dentro do proxecto ambiental 'Entre Mareas'
A Trastenda de Nicomedes non abrirá este Nadal en Viveiro por falta de apoio loxístico institucional
A Asociación Cultural lamenta non poder organizar unha nova edición tras varios anos de actividade e condiciona a súa continuidade ao respaldo das institucións
Viveiro acolle este domingo unha nova proba do Superprestixio de Ciclocross
A competición, organizada pola Peña Ciclista Lar Viveiro, comezará ás 10.00 horas nas inmediacións da piscina municipal de Celeiro
O BNG celebrará un acto público en Viveiro con Ana Pontón e os seus candidatos
A convocatoria terá lugar o domingo 15 de novembro, ás 12.00 horas, e contará tamén coa intervención de Iria Cotelo, Seve Salgueiro e Olalla Rodil
Viveiro apraza ata xaneiro de 2027 a celebración do Foro Económico
O encontro reunirá representantes empresariais, emprendedores e autónomos para analizar os retos dos seus sectores e compartir experiencias
Viveiro acolle a proxección de 'Crónicas dun non', un documental sobre o movemento da insubmisión
A película de Fernando Rodríguez Gómez, coñecido como Peñaño, repasará a loita contra o servizo militar obrigatorio e contará coa participación do director nun coloquio posterior
Viveiro Baila cambia de sede para as súas citas de novembro e decembro
As sesións estaban previstas no Conservatorio de Música, pero a de finais de novembro trasladarase ao Centro Comarcal e a de decembro á Sala Multiusos municipal
Viveiro acolle este domingo 'Na Cerna do Son', unha homenaxe á emigración galega
O espectáculo combina danza, poesía e música en directo nunha viaxe artística polas melodías e as lembranzas que conectan Galicia con outros continentes
As XXX Xornadas de Celeiro sitúan o futuro da pesca no centro do debate
O financiamento comunitario, a reforma da Política Pesqueira Común, a competitividade comercial e a sustentabilidade destacan entre as principais preocupacións abordadas no encontro
O Resurrection Fest anuncia 72 bandas para 2027 con Mötley Crüe, Parkway Drive, Evanescence e Lorna Shore
O festival celebrarase en Viveiro do 30 de xuño ao 3 de xullo e ofrecerá concertos exclusivos en España de doce formacións internacionais
Celeiro celebra as XXX Xornadas Técnicas de Pesca, tres décadas de encontro arredor do sector pesqueiro
A cita, que se desenvolve esta semana, alcanza a súa trixésima edición e consolida tres décadas de encontros entre profesionais e representantes vinculados ao mundo do mar
Viveiro ofrece adestramento funcional gratuíto para os socios da piscina municipal
A actividade desenvolverase de 10.30 a 11.30 horas e estará aberta a persoas de todos os niveis
Eventos
Francisco Fernández Dávila gaña o Premio de Novela Vilar Ponte con 'Mario non existe'
'O diario do sangue', de Óscar Martínez Rey, foi escollida como finalista na oitava edición do certame convocado polo Concello de Viveiro
Cinco novas unidades ampliarán a atención temperá en Galicia
As axudas permitirán renovar o financiamento dos recursos existentes e crear cinco novas unidades, que ampliarán a cobertura territorial do servizo
Viveiro cancela as actividades de Samaín e o baile dos maiores deste sábado
A decisión afecta á festa infantil do pavillón Antonio Tarrío, ao tardeo con DJs na Praza Maior e á sesión de 'Viveiro Baila' polo accidente ferroviario de Toledo
Os concellos da Mariña súmanse á homenaxe ás vítimas do accidente ferroviario de Toledo
As entidades locais convocaron onte un minuto de silencio ás 20.00 horas en resposta ao chamamento da Federación Española de Municipios y Provincias para expresar o seu pesar polo sinistro e mostrar a súa solidariedade coas persoas afectadas
O Samaín chega aos bailes para maiores de Viveiro con música do Dúo Caramelo
A nova sesión de 'Viveiro baila' celebrarase este sábado 31 de outubro, a partir das 19:00 horas, no salón de actos do Conservatorio
Viveiro celebrará o Samaín co espectáculo infantil 'Quen dixo medo?' de Barafunda
A función terá lugar o sábado 31 de outubro ás 18.00 horas no Teatro Pastor Díaz e estará dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos
Comezan as obras da LU-862 á altura de Covas cunha regulación semafórica do tráfico
Os traballos de renovación do pavimento iniciaranse na zona dos Castelos, en dirección á Misericordia, e prevese que se desenvolvan ao longo desta semana










