Viveiro incorpora un novo vehículo 4x4 con plataforma elevadora ao parque móbil municipal

AMariñaXa
O equipamento destinarase ao departamento de Obras e permitirá realizar intervencións ambientais, conservar vías e servizos e actuar en zonas de difícil acceso
Viveiro-nova-plataforma-elevadora-articulada-2026
18 Nov 2026

O Concello de Viveiro reforzou o seu parque móbil cun novo vehículo todoterreo 4x4 equipado cunha plataforma elevadora articulada, adquirido con financiamento da liña non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia.

A incorporación deste equipamento foi comprobada nunha visita técnica celebrada hoxe, na que se realizou o levantamento da correspondente acta de comprobación. No encontro participaron tamén o delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, e a alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde.

O vehículo quedará adscrito ao departamento municipal de Obras e estará destinado a diferentes tarefas relacionadas coa protección ambiental e do espazo natural, a conservación de vías e servizos públicos e a prevención de riscos.

As características do novo equipamento permitirán traballar en puntos aos que resulta complicado acceder con vehículos convencionais. A súa condición de todoterreo, xunto cunha elevada capacidade de carga, facilitará os desprazamentos e as intervencións en distintos espazos do municipio.

Ademais, incorpora unha plataforma aérea que permite realizar traballos en altura de ata 16 metros, unha prestación que ampliará as posibilidades de actuación dos servizos municipais.

0.37305402755737