A Trastenda de Nicomedes non abrirá este Nadal en Viveiro por falta de apoio loxístico institucional

AMariñaXa
A Asociación Cultural lamenta non poder organizar unha nova edición tras varios anos de actividade e condiciona a súa continuidade ao respaldo das institucións
trastenda-de-nicomedes-viveiro-mercado-nadal
14 Nov 2026

A Trastenda de Nicomedes non se celebrará este Nadal en Viveiro. Así o anunciou a Asociación Cultural PROA, responsable desta iniciativa, que lamenta ter que interromper unha actividade que leva varios anos formando parte da programación destas datas na localidade.

A entidade explicou que a decisión está relacionada coa falta do apoio loxístico institucional que considera necesario para poder organizar o evento. Aínda que non descarta recuperar a proposta no Nadal do vindeiro ano, sinala que a súa continuidade dependerá de conseguir esa colaboración.

Desde PROA amosaron a súa pesar por non poder sacar adiante unha nova edición despois do esforzo realizado durante todos estes anos. Porén, a asociación asegura que seguirá apostando pola Trastenda de Nicomedes, unha iniciativa que, segundo destaca, conseguiu construír unha identidade propia e un recoñecemento entre o público.

A organización tamén quixo agradecer o apoio das persoas que visitaron e mercaron na Trastenda ao longo das distintas edicións, así como a participación dos creadores e creadoras que contribuíron ao proxecto ou mostraron interese en formar parte del.

A asociación confía en poder recuperar a iniciativa no Nadal de 2027, sempre que conte cos medios e o respaldo institucional necesarios para facela posible.

0.14627695083618