Viveiro retoma o Concurso de Tute e Xogos de Mesa con dúas novas citas

AMariñaXa
O salón de actos do Conservatorio acollerá as próximas xornadas, abertas a participantes de todas as idades
baralla-cartas-espanola-tute-torneo-campionato
3 Nov 2026

O Concello de Viveiro dará continuidade ao I Concurso de Tute e Xogos de Mesa con dúas novas convocatorias previstas para o 14 de novembro e o 12 de decembro, despois da primeira xornada celebrada o pasado 24 de outubro.

As actividades desenvolveranse no salón de actos do Conservatorio de Música, que abrirá as súas portas ás 17:00 horas en ambas as datas. A programación combina un torneo de tute por parellas cun espazo de xogos de mesa de participación libre, no que as persoas asistentes poderán xogar ao tute, ao parchís e a outras propostas, sen necesidade de inscrición nesta última modalidade.

No caso do torneo, os emparellamentos poderán consultarse nun cartel colocado na entrada do salón de actos. Nel indicarase que parellas deberán enfrontarse durante cada unha das dúas próximas sesións.

A iniciativa está pensada especialmente para as persoas maiores, aínda que permanece aberta a veciños e veciñas de todas as idades. O obxectivo é ofrecer un lugar de encontro e convivencia arredor dos xogos tradicionais, favorecendo a participación e as relacións entre xeracións.

As seguintes citas serán, polo tanto, o sábado 14 de novembro e o sábado 12 de decembro, ambas con apertura da sala ás cinco da tarde.

0.18002104759216