Levarán a cabo obras de asfaltado na avenida de Galicia de Viveiro os días 2 e 3 de novembro

AMariñaXa
Os traballos realizaranse entre a Porta de Carlos V e a glorieta próxima á Oficina de Turismo, con posibles retencións puntuais
avenida-galicia-con-Cervantes-Viveiro
31 Oct 2026

O Concello de Viveiro realizará entre o luns 2 e o martes 3 de novembro traballos de fresado e asfaltado na avenida de Galicia, no tramo comprendido entre a Porta de Carlos V e a glorieta situada xunto á Oficina de Turismo, diante do supermercado Gadis.

Durante as obras manterase un dos carrís aberto á circulación, aínda que poderán producirse retencións pola presenza de maquinaria e operarios na calzada.

Para facilitar a mobilidade, o Concello recomenda aos vehículos lixeiros utilizar como alternativa a rúa Nicolás Cora, pola parte alta da vila. Ademais, solicita extremar a precaución, respectar a sinalización provisional e seguir as indicacións do persoal encargado de regular o tráfico.

0.14769697189331