ASFANEMOR organiza en Celeiro unha charla para comprender e acompañar o TDAH

AMariñaXa
O psicólogo e divulgador participará o 28 de novembro nunha actividade que abordará ferramentas para apoiar os nenos e nenas desde os ámbitos familiar e educativo
colexio-escola-educacion-nenos
25 Nov 2026

ASFANEMOR celebrará o vindeiro 28 de novembro en Celeiro unha sesión divulgativa centrada no trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH), co obxectivo de ofrecer recursos para comprender esta realidade e acompañar os nenos e nenas tanto desde a casa como no ámbito escolar.

A actividade, titulada "Introdución ao TDAH: comprender e acompañar desde a casa e a escola", contará coa participación de Alberto Soler, psicólogo, escritor e divulgador con máis de 20 anos de experiencia. Durante o encontro, o especialista axudará a afondar no coñecemento deste trastorno e a coñecer ferramentas que faciliten o acompañamento dos menores nos ámbitos familiar e educativo.

A charla terá lugar ás 17.00 horas na Casa do Forno, en Celeiro. As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse previamente a través de WhatsApp, no número 646 514 601.

Esta proposta enmárcase no proxecto "Conectando Neurodiversidade: Espazos, Apoio e Inclusión ASFANEMOR", impulsado pola Asociación de Familias Neurodivergentes da Mariña Lucense e Ortegal e subvencionado pola Deputación Provincial de Lugo. A iniciativa busca crear espazos de aprendizaxe e apoio arredor da neurodiversidade, poñendo o foco na importancia de comprender para poder acompañar e avanzar cara a unha maior inclusión.

⇒PODES LER A REPORTAXE SOBRE ASFANEMOR

0.10808992385864