Viveiro cancela as actividades de Samaín e o baile dos maiores deste sábado

O Concello de Viveiro cancelou as actividades de Samaín previstas para este sábado, 31 de outubro, así como a sesión de baile para persoas maiores incluída no programa 'Viveiro Baila', en sinal de respecto polas vítimas do accidente ferroviario acontecido en Toledo.
A suspensión afecta a tres propostas previstas para esa xornada. A festa infantil, que ía celebrarse no pavillón Antonio Tarrío con inchables e un túnel do terror, queda cancelada, ao igual que o tardeo con DJs programado na Praza Maior.
Tampouco se celebrará o baile dos maiores, que estaba previsto no salón de actos do Conservatorio de Música de Viveiro coa actuación do Dúo Caramelo.
O goberno local adoptou esta decisión como mostra de solidariedade coas persoas afectadas polo sinistro e coas súas familias. O Concello comunicará proximamente as novas datas nas que se celebrarán as actividades suspendidas.
Ademais, a Administración municipal agradeceu a comprensión da veciñanza e das persoas que tiñan previsto asistir aos eventos, e trasladou as súas condolencias ás familias das vítimas e o seu apoio ás persoas afectadas.