Viveiro acollerá unha xornada formativa sobre autismo para familias e profesionais

Asfanemor, a Asociación de Familias Neurodiverxentes da Mariña Lucense e Ortegal, prepara para o 4 de outubro unha xornada dedicada a afondar no coñecemento do autismo. A iniciativa estará conducida polo psicólogo Daniel Millán López, especializado neste ámbito, e está aberta tanto a familias como a profesionais.
A formación leva por título "Entendiendo 'de verdad' el autismo" e contará cun programa de cinco horas, que se desenvolverá no salón de actos del IES María Sarmiento entre as 9.00 e as 14.00 horas. A través desta proposta, a entidade busca proporcionar recursos e coñecementos que permitan comprender mellor o autismo e incorporar ferramentas útiles no acompañamento diario.
A proposta conta coa colaboración da Deputación de Lugo, o Concello de Viveiro e Área e Fiscal Asesores e forma parte das iniciativas impulsadas pola asociación para facilitar formación e recursos ás familias e aos profesionais vinculados á neurodiverxencia.