Viveiro acolle esta tarde a presentación de “Mulleres de Salitre”, unha homenaxe ás mulleres do mar da Mariña

AMariñaXa
O libro de Paco Rivas, editado polo Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, será presentado este sábado ás 19.30 horas no marco da Feira do Libro
presentacion-mulleres-de-salite-viveiro
15 Aug 2026

A Feira do Libro de Viveiro contará este sábado 15 de agosto coa presentación de “Mulleres de Salitre. Na Mariña, o mar en feminino”, obra do mestre, investigador e divulgador cervense Paco Rivas.

O acto terá lugar ás 19.30 horas e servirá para dar a coñecer un traballo no que o autor rende homenaxe ás mulleres mariñeiras da Mariña lucense. O libro está editado polo Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A obra constrúe o seu relato a partir de testemuños orais e documentación histórica para poñer en valor o papel desempeñado polas mulleres no ámbito marítimo e na vida da comarca.

Entre as protagonistas aparecen mariscadoras, percebeiras, redeiras, conserveiras, pescantinas e olgueiras, mulleres que contribuíron ao sostemento da economía, da vida comunitaria e do patrimonio cultural da Mariña lucense.

0.13458204269409