Novas de O Vicedo
O Camiño Gastronómico do Mar culmina sete etapas pola costa galega este domingo
A iniciativa da OPP-7 Porto de Burela e da Asociación Amigos do Camiño do Mar percorreu durante seis semanas A Mariña e Ferrolterra, combinando sendeirismo e degustacións de produtos pesqueiros
O Vicedo organiza un obradoiro de expresión corporal impartido por Xoán Curiel
A actividade celebrarase este sábado 14 de novembro na Casa da Cultura e estará dirixida principalmente a persoas adultas interesadas en explorar as súas capacidades expresivas
O Teatro das Cortes do Vicedo pecha a súa programación anual cunha tarde de teatro e música
A cita será o sábado 7 de novembro en Cabanas, O Vicedo, cunha ofrenda teatral ao Porco de Pedra dos Andrade, un monólogo do actor galego e un concerto
Cinco novas unidades ampliarán a atención temperá en Galicia
As axudas permitirán renovar o financiamento dos recursos existentes e crear cinco novas unidades, que ampliarán a cobertura territorial do servizo
O Vicedo celebrará o XXXII Encontro Interxeracional de Avós-Netos o 21 de novembro
O prazo de inscrición estará aberto do 3 ao 18 de novembro e poderán participar persoas xubiladas empadroadas no municipio, os seus cónxuxes e menores de entre 3 e 18 anos
Teatro e memoria danse cita nas Cortes do Vicedo cunha tarde dedicada á vida nas aldeas
O colectivo teatral Son d'Aldea presentará varias escenas de 'Os Caseiros' e participará nun coloquio sobre o teatro e a vida no rural
O Vicedo prepara un novo contrato para xestionar o Centro de Día
O Concello busca unhas condicións máis asumibles para atraer empresas mentres avanzan as obras de mellora nas escolas e comeza a pista multideporte do colexio
O PSOE do Vicedo denuncia que a súa moción sobre o canon da auga queda fóra da orde do día do pleno
A formación socialista pretendía solicitar no pleno que, como mínimo, o 50 % do recadado polo canon da auga no Vicedo se destinase de novo ao propio concello
O Vicedo achégase aos tres anos de protestas mensuais para reclamar médicos no centro de saúde
A veciñanza volveu saír este domingo ás rúas para reclamar que se cubran as dúas prazas e advertir de que un único facultativo resulta insuficiente para atender o municipio
O BNG do Vicedo denuncia falta de previsión ante os problemas de auga en San Román, Riobarba e Cabanas
Os nacionalistas aseguran que xa advertiron en xullo das consecuencias da seca e reclaman ampliar a rede municipal de abastecemento para evitar novos episodios
O Vicedo mellora camiños e actúa en 65 hectáreas para previr incendios
As actuacións chegan a diferentes parroquias do municipio e combinan a mellora da rede viaria con tratamentos mecanizados para reducir a biomasa e o risco de lumes forestais
A obra de Nerea Fernández Pazos protagoniza unha nova exposición na Casa da Cultura do Vicedo
A mostra de pintura da artista vicedense poderá visitarse ata o 15 de setembro, tanto en horario de mañá como de tarde
O Teatro das Cortes do Vicedo recibe o Premio Son d’aldea pola súa aposta pola cultura no rural
O galardón recoñece a transformación dunha antiga corte de vacas nun espazo cultural que acolle teatro, concertos, exposicións e actividades formativas
O PSdeG denuncia un ataque con pintadas ofensivas contra a súa sede do Vicedo
A formación presentou unha denuncia ante as forzas de seguridade e lembra que o pasado 14 de agosto a Casa do Pobo de Foz tamén sufriu un acto vandálico coa rotura dun dos seus cristais
O Vicedo reforza a produción de semente de bivalvos para garantir o subministro ao sector marisqueiro
O criadoiro busca asegurar un abastecemento continuado de cría para favorecer a rexeneración dos bancos marisqueiros e recuperar a súa produtividade tras os episodios climáticos adversos
Últimos días para participar no concurso fotográfico Turismo O Vicedo 2026
O prazo para presentar imaxes da novena edición remata o 17 de agosto e o certame repartirá 650 euros en premios
A educación da comarca levanta a voz
O deterioro dos centros educativos reabre o debate sobre a necesidade de reformas integrais fronte aos pequenos arranxos, nunha comarca onde varios colexios reclaman actuacións para adaptar unhas instalacións con décadas de uso
Eventos
O PSdeG do Vicedo acusa ao PP de impedir o debate das súas iniciativas no Pleno
As socialistas censuran o rexeitamento da súa proposta para mellorar o mantemento dos espazos públicos e cuestionan un investimento de preto de 100.000 euros por consideralo improvisado
O Vicedo convoca a novena edición do seu concurso de fotografía para promocionar a riqueza do municipio
O certame repartirá 650 euros en premios e manterá aberto o prazo de presentación de imaxes ata o 17 de agosto
O Vicedo prepárase para conquistar o verán coa Romaxe Viquinga
O programa, que se desenvolverá os días 24 e 25 de xullo entre o centro da vila e a praia de Area Grande, incluirá desembarcos, combates, concertos, obradoiros e actividades para todos os públicos
O Vicedo prepara unha nova edición da andaina solidaria contra o cancro
A iniciativa, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro, celebrarase o 19 de xullo cun percorrido aberto á participación de toda a veciñanza
O pavillón municipal de O Vicedo xa leva o nome de Jesús Manuel Bellas "Kubala"
O Concello rende homenaxe á súa traxectoria e ao seu compromiso co deporte local nun acto celebrado xunto a familiares, amizades e representantes institucionais
O Vicedo continúa o seu programa de verán con rutas en kayak, unha marcha solidaria e a exposición sobre Kubala
A programación desta semana inclúe unha nova actividade dos Mércores de Natureza, a II Marcha contra o Cancro e os últimos días para visitar a mostra dedicada á traxectoria deportiva local de Kubala
Riobarba prepara unha nova edición da Festa do Cabalo con deporte, gastronomía e tradición
O encontro ecuestre celebrará a súa vixésimo sexta edición cun amplo programa de actividades no parque eólico do Vicedo











