O Vicedo abre as inscricións para obter a certificación galega de competencias dixitais

AMariñaXa
As persoas interesadas en acreditar o nivel intermedio poderán anotarse ata o 11 de setembro para realizar o exame na Aula CeMIT
aula-cemit-vicedo-ordenadores
3 Sep 2026

A Aula CeMIT do Vicedo acollerá o vindeiro 7 de outubro unha das probas libres para obter a Certificación Galega de Competencias Dixitais (ComDix) de nivel intermedio. O prazo para solicitar praza xa está aberto e prolongarase ata o venres 11 de setembro.

As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición desde este mércores 2 de setembro ás 00.01 horas e ata as 23.59 horas do último día do prazo. O trámite debe realizarse a través da páxina web da Rede CeMIT.

No caso do Vicedo, o exame celebrarase o mércores 7 de outubro ás 16.30 horas na Aula CeMIT, situada na Casa da Cultura.

A convocatoria ofrece a posibilidade de acreditar oficialmente os coñecementos e capacidades no uso das tecnoloxías dixitais mediante a certificación ComDix de nivel intermedio.

As persoas que necesiten resolver dúbidas ou ampliar a información sobre a convocatoria poden contactar coa Aula CeMIT do Vicedo no teléfono 982 590 195 ou a través do correo electrónico cemit.ovicedo@xunta.gal.

0.11911082267761