Os obradoiros tecnolóxicos “maker” de Argallando entre Xeracións regresan á Aula CeMIT do Vicedo

O Vicedo acollerá unha nova edición dos obradoiros tecnolóxicos “maker” do programa Argallando entre Xeracións, unha iniciativa pensada para achegar a mocidade ao mundo da tecnoloxía a través da aprendizaxe práctica e da creatividade.
A actividade está dirixida a participantes de entre 12 e 18 anos, que poderán iniciarse en diferentes áreas como o deseño e a impresión 3D, a electrónica, a robótica ou a programación, entre outros contidos relacionados coa innovación tecnolóxica.
Os obradoiros desenvolveranse os días 27, 28 e 29 de xullo na aula CeMIT O Vicedo, en horario de 11.00 a 13.30 horas. A participación será gratuíta.
Ademais da formación técnica, o proxecto incorpora unha dimensión social. Tras completar as 7,5 horas de aprendizaxe, os rapaces e rapazas participarán nunha sesión de demostración aberta ás persoas maiores, coa finalidade de compartir coñecementos e favorecer a conexión entre xeracións a través da tecnoloxía.
As inscricións xa están abertas e as persoas interesadas poden anotarse enviando un correo electrónico a cemit.ovicedo@xunta.gal, chamando ao teléfono 982 590 195 ou a través da ligazón habilitada pola organización.