Jesús Novo anuncia que non se presentará ás eleccións municipais de 2027 en O Vicedo

AMariñaXa
Novo comunicou a súa decisión nun xantar do PP en Viveiro, onde tamén se deu a coñecer o nome de quen aspirará a sucedelo na Alcaldía
Jesus-Novo-alcalde-Vicedo-2025
10 Oct 2026

O alcalde de O Vicedo, Jesús Novo, anunciou que non se presentará ás eleccións municipais de 2027. O rexedor deu a coñecer a súa decisión durante un xantar-baile de confraternidade de afiliados e simpatizantes do Partido Popular celebrado no restaurante Louzao, en Viveiro.

A renuncia á candidatura supón a apertura dunha nova etapa política no municipio, onde Novo leva décadas á fronte do goberno local. En setembro, o propio alcalde xa admitira que lle gustaría ir dando paso a novas xeracións, aínda que daquela non tiña tomada unha decisión definitiva sobre a súa continuidade.

Novo chegou á Alcaldía en xaneiro de 2001, tras a dimisión de Isaac Prado Villapol, cando ocupaba unha acta de concelleiro por AIPV. Nas eleccións municipais de 2003 encabezou por primeira vez a candidatura do PPdeG e conseguiu a maioría absoluta, un resultado que repetiu nas sucesivas convocatorias electorais.

Agora, a decisión de non concorrer aos comicios de 2027 abre o proceso de relevo á fronte do Concello. O enxeñeiro industrial Isaac Campo Fernández, veciño do Vicedo e afiliado ao Partido Popular, optará á Alcaldía. O seu pai é orixinario de Mañón e el estableceuse no municipio.

A marcha de Novo como candidato pon fin á súa longa traxectoria electoral á fronte do goberno municipal e abre unha nova etapa para o PP no Vicedo, que deberá afrontar as próximas eleccións cunha candidatura diferente.

0.14713501930237