O Vicedo abre novembro cunha obra de teatro infantil este domingo

O mes de novembro chega ao Vicedo cunha axenda, segundo o Concello, cargada de propostas relacionadas coas artes escénicas. A primeira cita terá lugar este domingo, día 8, ás 19.30 horas, na Casa da Cultura do concello, onde subirá a escena a obra ‘A sala de xogos’.
A representación correrá a cargo de Parápono Teatro, unha compañía con sede en Lugo que se encargará de dar o pistoletazo de saída a este período de programación teatral na localidade.
Con esta función, o Vicedo pon en marcha un ciclo de actividades culturais que, segundo puido coñecerse, se estenderá ao longo das vindeiras semanas, consolidando ao Concello como punto de encontro para os amantes do teatro na comarca.