O Vicedo celebrará o XXXII Encontro Interxeracional de Avós-Netos o 21 de novembro

AMariñaXa
O prazo de inscrición estará aberto do 3 ao 18 de novembro e poderán participar persoas xubiladas empadroadas no municipio, os seus cónxuxes e menores de entre 3 e 18 anos
encontro-interxeracional-O-Incio-25
28 Oct 2026

O Concello do Vicedo celebrará o vindeiro 21 de novembro o XXXII Encontro Interxeracional de Avós-Netos, unha iniciativa dirixida a fomentar a convivencia entre persoas maiores e as novas xeracións.

Poderán participar as persoas xubiladas empadroadas no municipio, os seus cónxuxes, aínda que non estean xubilados, e netos e netas con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos.

O prazo para anotarse estará aberto entre o 3 e o 18 de novembro. As inscricións deberán realizarse nas dependencias municipais dos Servizos Sociais, onde se entregará a entrada para o encontro. Cada persoa adulta deberá aboar unha cota de tres euros.

As persoas que desexen acudir como acompañantes e non estean empadroadas no municipio tamén poderán participar, pero deberán pagar o importe da comida no momento da inscrición.

 

0.1641891002655