Educación
Sante recupera as artes tradicionais con novos obradoiros de cestería, restauración e tapicería
A Asociación de Veciños San Julián de Sante retomará as actividades en outubro no Teleclub e manterá aberto o prazo para anotarse ata o 20 de setembro
Melomanía abre a matrícula en Viveiro con viola e violonchelo como novidades do novo curso
A asociación de alumnado adulto do Conservatorio amplía a súa oferta formativa e mantén disciplinas como canto, piano, guitarra, batería, gaita, saxofón ou baixo eléctrico
O GDR Terras de Miranda impulsa na Mariña a transformación dos comedores escolares
Profesionais de centros de Barreiros, Lourenzá e Ribadeo participaron nun obradoiro para avanzar cara a menús máis saudables, sustentables e ligados aos produtos de proximidade
TerraChaXa | AMariñaXa
Educando en Familia estrea un servizo de acompañamento psicopedagóxico no novo curso
O programa retomará a súa actividade o 9 de setembro na Mariña e na Terra Chá cun novo recurso para orientar e detectar de maneira temperá posibles dificultades nas crianzas
Aurora Sampedro, nomeada filla adoptiva de Luyego pola súa vinculación familiar co municipio leonés
A figura da investigadora continúa gañando recoñecemento mentres se prepara un terceiro libro sobre o seu legado científico, que verá a luz en outubro
Cervo aposta polos retos en equipo cun concurso de quebracabezas no corazón de Sargadelos
A proposta estrearase en setembro na Sala Xosé Vizoso e premiará a rapidez e a coordinación das parellas participantes
Asfanemor organiza unha formación en Viveiro para comprender mellor o autismo
A actividade, dirixida a familias e profesionais, terá unha duración de cinco horas e abordará ferramentas e coñecementos para comprender e acompañar ás persoas autistas
Xove abre as inscricións no programa de madrugadores 'Xovesperta' para o novo curso
O servizo está destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos do CEIP Pedro Caselles Rollán e funcionará desde as 7.00 horas ata o inicio das clases
GaliciaXa
A eclipse de Lúa do día 28 chegará ao momento de máxima ocultación ás 6.13 horas
Ao contrario do que sucede coas eclipses solares, non é necesario protexer a nosa visión para a súa contemplación, explica o coordinador do Observatorio da USC, José Ángel Docobo
Ribadeo reúne a 50 docentes no XV Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos
O encontro organizado por Apaga combinará relatorios e obradoiros prácticos e contará coa participación de profesorado de diferentes puntos de España e da Universidade Akenten Appiah-Menka de Kumasi, Ghana
Sabela Ramil será a nova profesora de musicoterapia para alumnado con necesidades educativas especiais na Coruña
A terapeuta ocupacional e música asumirá un programa pioneiro que integra a musicoterapia no horario lectivo de varios centros educativos da cidade
Galicia contará con 536 centros plurilingües no curso 2026/27
Seis centros incorporaranse por primeira vez ao programa e outros dous estenderán a súa participación a novas etapas, mentres que 40 centros ofrecerán 197 ciclos e másteres de FP con parte do currículo nunha lingua estranxeira
O Valadouro abre o prazo para solicitar libros de texto para o curso 2026-2027
O Banco de Libros está dirixido ao alumnado de primeiro a sexto de Primaria do CEIP Santa María e as solicitudes poderán presentarse ata o 21 de agosto
Alfoz abre as inscricións para os programas de Madrugadores e Ocio-Estudo do CEIP
O Concello ofrece atención antes e despois das clases para facilitar a conciliación das familias durante o curso escolar
A educación da comarca levanta a voz
O deterioro dos centros educativos reabre o debate sobre a necesidade de reformas integrais fronte aos pequenos arranxos, nunha comarca onde varios colexios reclaman actuacións para adaptar unhas instalacións con décadas de uso
Foz repartirá 3.000 lentes homologadas para seguir con seguridade a eclipse total de sol
O Concello distribuirá tamén material informativo e reforzará o dispositivo de seguridade para o histórico fenómeno astronómico do 12 de agosto
Cervo estrea un Punto de Encontro Familiar para dar servizo a toda a Mariña
O novo recurso, financiado pola Xunta, evitará desprazamentos a Lugo e ofrecerá un espazo seguro para o cumprimento do réxime de visitas e intercambios familiares
GaliciaXa
A Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas entrega as tres bolsas para estudos de posgrao internacionais
A resolución desta quinta edición coincide ademais cun momento moi especial para a Fundación. O seu presidente, Tomás Notario Vacas, celebrará este mes de agosto 100 anos
Os Muíños converterase esta fin de semana no gran escaparate da artesanía en Mondoñedo
A feira reunirá preto de 25 obradoiros, demostracións en directo, teatro, música e actividades culturais coincidindo coas festas de Santiago
Cervo impulsa unha nova edición do curso de Monitor de Tempo Libre para formar á mocidade
Dezasete mozos e mozas participan nesta iniciativa do programa Avívate IX, que combina formación teórica e práctica para obter a titulación oficial
Xove abre o prazo para solicitar as axudas municipais ao estudo
As subvencións, destinadas a gastos de comedor, estancia e transporte, poderán solicitarse ata o 11 de agosto
GaliciaXa
A presidenta da Deputación defende combater a despoboación como ferramenta para a prevención de lumes
Carmela López presentou o 'Análise da relación entre despoboamento rural e cambio nos réximes de incendios do Sureste Europeo' no Pazo de San Marcos
A tecnoloxía solar e a automatización modernizan as instalacións agroforestais do instituto de Mondoñedo
O centro educativo implanta un novo invernadoiro intelixente que consegue a autosuficiencia hídrica e enerxética nas súas prácticas
O impulso empresarial e as estratexias de negocio centran a nova formación académica para dinamizar o turismo na Mariña
A Universidade da Coruña e a Mancomunidade unen esforzos nun ciclo en Barreiros deseñado para profesionalizar o emprendemento local




