Barreiros acolle un obradoiro gratuíto para achegar a tecnoloxía á mocidade

AMariñaXa
A iniciativa Girl Steam reúne nas aulas CeMIT a rapaces e rapazas de entre 9 e 16 anos para aprender sobre domótica e sustentabilidade
obradoiro-girl-steam-bach-barriros
10 Jul 2026

O Concello de Barreiros acolle hoxe e mañá unha nova edición do obradoiro Girl Steam, unha actividade gratuíta dirixida a rapaces e rapazas de entre 9 e 16 anos co obxectivo de promover un uso creativo e crítico da tecnoloxía.

A iniciativa está organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a rede de aulas CeMIT.

As sesións desenvólvense en horario de mañá nas instalacións CeMIT do municipio. Baixo o título "Casa Domótica Accesible", o obradoiro propón aos participantes o deseño dunha vivenda sostible, eficiente e adaptada ás necesidades de todas as persoas.

A través desta actividade práctica, os asistentes aprenderán a empregar a tecnoloxía para crear espazos máis intelixentes, respectuosos co medio ambiente e accesibles, achegándose así a conceptos relacionados coa domótica e a innovación tecnolóxica.

0.12363815307617