AMariñaXa
Máis de 130 palistas compiten en Ribadeo na terceira cita da Copa Deputación de Piragüismo
A regata reuniu aos seis clubs lucenses de augas tranquilas e deixou ao Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán nos primeiros postos por equipos
As comidas e ceas na rúa da Feira Renacentista de Viveiro xa poden solicitar autorización municipal
As solicitudes poderán tramitarse entre o 15 e o 28 de xuño e incluirán tamén o préstamo de material municipal con límite de dispoñibilidade
Nenea: A educación que medra ao aire libre colle forza en Mondoñedo
O proxecto educativo consolida unha nova etapa baseada no respecto á infancia, o xogo libre e a creación de redes comunitarias
O Campus Ranas celebrará en Mondoñedo tres décadas formando xeracións arredor do baloncesto
A histórica cita deportiva regresará no verán de 2026 con dúas quendas de adestramentos, convivencia e actividades para rapaces e rapazas de entre 8 e 18 anos
A II Concentración Moteira de Trabada quere afianzarse como cita de referencia na comarca
O Motoclube A Cadeira promove tres xornadas de encontro arredor do motor cun enfoque aberto e participativo
A Rapa das Bestas de Candaoso celebrará a súa 55ª edición os días 4 e 5 de xullo en Boimente
A tradicional cita do curro dos montes de Buio e Lerín combinará actividades festivas, exhibicións ecuestres e competicións cun amplo programa para toda a fin de semana
GaliciaXa
As linguas de signos reclaman visibilidade e dereitos nunha xornada de celebración
A comunidade xorda conmemora este 14 de xuño o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas con actividades de sensibilización en toda Galicia
“Hai que desfrutar do fútbol pero o esforzo é innegociable”
O riotortense Andrés Castrín é defensa central do Sevilla FC, un dos poucos lucenses que logrou xogar en Primeira dando o salto desde o CD Lugo, e que recentemente marcou o seu primeiro gol na categoría de ouro
Ducias de persoas participan este sábado na II Andaina “Ribadeo en marcha contra o cancro”
A iniciativa solidaria, organizada pola AECC, reuniu participantes de todas as idades nun percorrido urbano e litoral marcado polo bo tempo
O Festival Aturuxo de Bravos reunirá a cinco formacións do panorama musical galego co apoio da Deputación
O cartel estará composto por Banda da Balbina, Sabela, Vimbio, Pandereteiros do Inferno e Tumba e Dálle, nunha programación que combina folk, rock e outros estilos contemporáneos
María García levará a O Vicedo unha presentación teatralizada de “Alma de grilo”
A escritora estará acompañada pola guitarrista Icía Saavedra nun espectáculo que combina literatura, teatro e música en directo
Barreiros prepara a oitava edición da Concentración Retroclásicos na Praia de Coto
A cita automobilística celebrarase o 22 de agosto e mantén aberto o prazo de inscrición para os vehículos participantes ata o día 19
A ampliación da balsa de lodos aviva a controversia ecolóxica
Entre a ampliación da balsa, as denuncias ecoloxistas e a incerteza industrial, a factoría de San Cibrao segue no centro dun debate que divide á comarca
AMariñaXa
O barrio das Corporacións prepara unha nova edición do seu San Xoán popular en Foz
A celebración, organizada pola asociación Pe do Molete, ofrecerá actividades durante toda a tarde e rematará coa tradicional fogueira na noite do 23 de xuño
O Hospital Público da Mariña celebra 40 anos de crecemento cunha mirada posta na súa gran transformación
O centro sanitario destaca a evolución asistencial, rende homenaxe aos seus profesionais e avanza novos investimentos para ampliar e modernizar as instalacións
O PSdeG de Viveiro cuestiona a Variante Leste e reclama recuperar a solución de altas prestacións
Os socialistas presentan alegacións ao proxecto e consideran que a proposta actual reduce a capacidade e as posibilidades de futuro da infraestrutura
Trabada culmina a mellora de dúas estradas municipais nos núcleos de Barreiros e A Abaira
O Concello investiu máis de 130.000 euros na renovación das vías para reforzar a seguridade viaria e facilitar as comunicacións
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Deputación de Lugo adxudica o novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria
Dará cobertura aos 64 concellos da provincia na xestión de impostos e taxas
GaliciaXa
A enerxía eólica abre portas ao emprego rural con 24 novos técnicos formados en Galicia
EDP, Vestas e a Asociación Empresarial Eólica clausuran en Viveiro unha nova edición dun programa que xa mellorou a empregabilidade de 125 mozos e mozas de zonas rurais
Foz aproba un orzamento de máis de 10,2 millóns centrado en servizos, rural e melloras da auga
As contas municipais priorizan o reforzo social, educativo e deportivo, xunto con novos investimentos en infraestruturas e persoal
A creatividade infantil protagoniza os premios das Letras Galegas 2026 en Burela
O Certame de Narración e Debuxo Infantil reuniu a alumnado do municipio nunha iniciativa que fomenta a lectura, a lingua galega e a expresión artística
As protestas polo estado do CEIP Vista Alegre continuarán durante o verán
A comunidade educativa reafirma as súas reivindicacións e advirte de que non interromperá as mobilizacións ata obter compromisos concretos para a reforma integral do centro
O BNG de Ribadeo leva o debate sobre a vivenda a Piñeira cun encontro aberto á participación veciñal
Representantes da formación e profesionais da arquitectura analizaron a situación residencial de Ribadeo e expuxeron posibles vías de actuación para facilitar o acceso a un fogar
A Foliada A Chocolateira enche A Pontenova de música tradicional e actividades culturais
A novena edición do encontro celebrarase esta fin de semana na Praza dos Fornos con concertos, obradoiros, xogos populares e programación audiovisual




