AMariñaXa
A piscina municipal de Trabada abre a tempada de verán cunha imaxe renovada e máis meses de servizo
As instalacións estarán operativas desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro e incorporan un novo mural artístico como unha das principais novidades
Nove portos galegos conseguen o distintivo de bandeira azul
Foron distinguidos os de Ribadeo, Sada, Sadamar, Portosín, Portonovo, Baiona, Porto Deportivo Juan Carlos I, Sanxenxo e Pedras Negras
A Romaxe Viquinga do Vicedo prepara a súa novena edición cun amplo programa de recreación histórica e actividades culturais
A cita celebrarase os días 24 e 25 de xullo na praia de San Román e contará co apoio das administracións para reforzar o atractivo turístico e económico da comarca
O corredor do Maderas Barcia Lourenzá Cervo Pedro Moirón sobe ao máis alto do podio
O atleta do Maderas Barcia Lourenzá Cervo acadou o ouro en La Nucía cunha destacada marca de 4:25.75
Ribadeo acolle o VIII Mus na Praia con máis dun centenar de participantes chegados de tres comunidades
O torneo celebrarase o sábado 13 de xuño nas instalacións do Real Club Náutico e combinará competición, ambiente social e dinamización local
O concurso fotográfico ambiental de Xove xa ten gañadores nas súas tres categorías
O Concello entregará os premios e agasallos aos participantes nun acto previsto para o vindeiro venres no salón de plenos
Alfoz acollerá a III Andaina Solidaria A Mariña en lembranza de Carmela Primo
A cita celebrarase o 12 de xuño cun percorrido circular de cinco quilómetros e destinará a súa recadación á atención de persoas en situación de vulnerabilidade
Mondoñedo abre o prazo para o Campamento de Verán 2026
A actividade, dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos, desenvolverase do 22 de xuño ao 4 de setembro no CEIP Álvaro Cunqueiro Mora
A Rigueira prepárase para vivir este sábado a Romaría do San Antonio Ventureiro 2026
A Festa de Interese Turístico de Galicia reúne camiñantes, tradición e animais de compañía nunha das citas máis singulares do calendario festivo de Xove
O Hospital Público da Mariña celebra 40 anos cunha homenaxe aos seus profesionais
O centro sanitario celebrará este venres o acto central do seu 40 aniversario cunha conferencia de Eva Poveda, unha homenaxe ao persoal e o recoñecemento aos anteriores responsables da institución
A música dá a benvida ao verán nun encontro organizado por Saúde Mental A Mariña en Cervo
O alumnado do Conservatorio de Viveiro protagonizou un concerto na Illa da Residencia Resort que reuniu usuarios, familiares e veciñanza nunha tarde de convivencia
A Deputación impulsa unha nova fase de transformación urbana en Viveiro con investimentos en Covas e Celeiro
As actuacións superan os 1,6 millóns de euros e inclúen melloras de pavimentos, servizos básicos e espazos públicos en distintos puntos do municipio
A Rider Extreme 500 BF Astur-Galaica desafiará aos moteiros cun percorrido de máis de 500 quilómetros
A proba mototurística, prevista para os días 26 e 27 de xuño de 2026, combinará rutas panorámicas, controis de paso e ata doce horas de viaxe sobre dúas rodas
O Valadouro despedirá o curso cun festival de baile protagonizado polo alumnado da comarca
A Casa da Cultura acollerá unha gala na que se mostrarán os traballos preparados durante todo o ano académico
As plantas medicinais protagonizarán a clausura do ciclo SanArte en Barreiros
Ollomao organizará en Vilamartín Pequeno un obradoiro práctico de elaboración de auga florida e intercambio de saberes tradicionais
Foz reforza os servizos municipais coa convocatoria de novas contratacións e unha bolsa de emprego
O Concello abre procesos selectivos para incorporar socorristas, auxiliares de información en praias e crear unha lista de reserva para o servizo de limpeza viaria
O BNG acusa á Xunta de atrasar a variante de Viveiro ao recuperar estudos xa realizados hai dúas décadas
Os nacionalistas sosteñen que o novo proceso supón renunciar ao proxecto integrado na VAC Costa Norte e volver iniciar trámites que xa contaban con aprobación administrativa e ambiental
O PP de Foz cuestiona a utilización anticipada do canon da auga prevista nos novos orzamentos municipais
Os populares consideran que o gasto de 1,1 millóns de euros nos primeiros meses do contrato do ciclo da auga compromete a estabilidade financeira futura do Concello
O PSOE de Viveiro cuestiona que a Xunta anuncie a licitación da variante antes de rematar o prazo de alegacións
Os socialistas consideran que a decisión transmite unha mensaxe contraditoria sobre a utilidade da participación pública no proxecto
Luz verde aos traballos técnicos para a nova variante de Viveiro
A futura infraestrutura, cun trazado de 6,2 quilómetros e un orzamento estimado de 40 millóns, busca mellorar a mobilidade e reducir o tráfico que atravesa o núcleo urbano viveirense
Aldurfe celebra as súas patronais esta fin de semana
Ademais, o día 29 terá lugar unha comida popular no campo da festa, que estará amenizada pola sesión de tarde do dúo Sonidos
Trabada impulsará novas melloras na área recreativa da Choza cun investimento próximo aos 20.000 euros
A actuación permitirá renovar elementos do recinto e reforzar o seu carácter sostible mediante o uso de materiais reciclados
O Valadouro acollerá unha exhibición de patinaxe aberta ao público este sábado
O Pavillón Municipal converterase no escenario dunha xornada na que os participantes amosarán o traballo realizado ao longo da tempada
O persoal do Concello de Viveiro fórmase no manexo de desfibriladores
A capacitación chega tras a instalación dun novo dispositivo DESA na Casa do Concello




