As XIX Xornadas do Peregrino volverán reunir en decembro expertos e afeccionados ao Camiño de Santiago

LugoXa | AMariñaXa
O encontro "Abrindo Camiño" celebrarase os días 5 e 6 de decembro e afondará nos Camiños do Norte nas cidades de Lugo e Mondoñedo
XI-Xornadas-abrindo-camiño-2026
4 Aug 2026

As XIX Xornadas do Peregrino "Abrindo Camiño" regresarán os días 5 e 6 de decembro de 2026 cunha nova edición dedicada á divulgación e posta en valor do Camiño de Santiago. O encontro, consolidado como unha cita de referencia para investigadores, asociacións e peregrinos, centrará nesta ocasión a súa atención nos Camiños de Santiago do Norte ao seu paso polas cidades de Lugo e Mondoñedo.

O congreso, enmarcado dentro da programación do Xacobeo 2027, ofrecerá un espazo de reflexión e intercambio de coñecementos arredor do patrimonio histórico, cultural e espiritual vinculado ás rutas xacobeas. Ao longo de dúas xornadas desenvolveranse diferentes actividades destinadas a afondar na importancia destes itinerarios e na súa conservación e promoción.

Baixo o lema "Abrindo Camiño", o evento reunirá especialistas, representantes de entidades vinculadas ao Camiño e persoas interesadas no fenómeno da peregrinación, favorecendo o intercambio de experiencias e a análise dos retos de futuro das rutas xacobeas.

As xornadas están promovidas coa colaboración de diversas institucións e entidades vinculadas á cultura e ao Camiño de Santiago, reforzando o seu compromiso coa difusión dun dos principais símbolos patrimoniais de Galicia e coa preparación da comunidade para a celebración do próximo Ano Santo.

0.12182283401489