Santa Comba da Órrea celebrará as súas festas os días 7, 8 e 9 con gastronomía, verbenas e actividades para todos os públicos

TerraChaXa | AMariñaXa
Os tíckets para participar na churrascada á venda ata o día 5 de agosto na taberna de Montse
festas-santa-comba-de-orrea
4 Aug 2026

A parroquia de Santa Comba da Órrea, no concello de Riotorto, celebrará as súas festas na honra de Santa Comba e San Antón os días 7, 8 e 9 cun programa no que non faltarán a música, os actos relixiosos, a gastronomía e as actividades de lecer.

A programación comezará o venres 7 cunha gran churrascada a partir das 21.30 horas, organizada por ReyMa. Ao remate, celebrarase unha verbena amenizada polo Dúo Ángel América.

Os tíckets para participar estarán á venda ata o día 5 na taberna de Montse a un prezo de 20 euros para adultos e de 15 para nenos de 6 a 15 anos. Os pequenos non pagan.

O sábado 8, a xornada arrancará coa misa solemne ás 13.00 horas, seguida da procesión, o pregón a cargo de Marité do Val e a sesión vermú co Trío Rosel. Pola tarde, ás 18.30 horas, disputarase un torneo de bolos. Xa pola noite, a verbena contará coa actuación do Trío Rosel e do Dúo Ángel América.

As festas concluirán o domingo 9 cunha misa solemne ás 13.45 horas, seguida da procesión e dunha sesión vermú co Dúo Venus.

Durante os tres días haberá sorteos, inchables para a cativada e o recinto festivo contará con campo cuberto mediante carpa. Os tíckets para a churrascada estarán dispoñibles na Taberna de Montse. O programa conta coa colaboración do Concello de Riotorto.

0.13140797615051