AMariñaXa
Ribadeo acollerá unha charla de Arelas dentro da programación do Orgullo LGTBI
A sesión, centrada nas realidades da infancia e mocidade trans, celebrarase este mércores no Salón dos Alcaldes
GaliciaXa
Publicada a convocatoria de axudas de pesca artesanal
Subvencionaranse medidas técnicas de xestión e vixilancia, accións de colaboración co sector e información para mellorar o coñecemento e sustentabilidade das pesqueiras
O PSOE de Mondoñedo acusa ao PP de deixar perder unha subvención europea para vivenda e espazos públicos
Os socialistas sosteñen que a falta de información e xestión municipal provocou a devolución dos fondos destinados á rehabilitación de edificios e á mellora de barrios
Ourol abre o prazo de inscrición para a Ludoteca de Verán, destinada a nenos e nenas de 4 a 12 anos
O programa desenvolverase entre o 1 de xullo e o 31 de agosto no Pavillón Municipal e incluirá un servizo de conciliación en horario previo
O Valadouro abre a inscrición para unha nova edición de Ludiverán con actividades para medio cento de nenos e nenas
O programa desenvolverase entre o 29 de xuño e o 31 de agosto e ofrecerá xogos, obradoiros, excursións e actividades de lecer para participantes nados entre 2014 e 2022
Asociación de Veciños Santa Eulalia: Corazón vivo de A Devesa
Merce, presidenta da entidade, explica a importancia de manter a parroquia unida e dinamizar a vida social a través de actividades e compromiso veciñal
Foz xa ten datas para a XIV Festa Normanda
A celebración histórica regresará á vila do 27 ao 30 de agosto cun programa que volverá recrear a pegada viquinga e normanda na costa mariñá
Ourol abre a preinscrición para cubrir dúas vacantes na Casa Niño Paxariños
As familias interesadas poderán presentar as solicitudes ata o 12 de xuño para acceder ao servizo de atención á primeira infancia situado no antigo colexio Vicente Casavella
Barreiros contará cun novo servizo de podoloxía para mellorar a atención ás persoas maiores
Un convenio financiado pola Deputación de Lugo permitirá poñer en marcha este recurso e renovar equipamento municipal ata o ano 2028
A Rapa do Campo do Oso prepara a súa 47ª edición cunha xornada de tradición, gastronomía e música
A cita reunirá o 28 de xuño a xinetes, gandeiros e público arredor dunha das celebracións máis representativas do patrimonio rural da comarca
O Centro Deportivo Municipal de Viveiro abre as inscricións para a programación deportiva de xullo
A oferta inclúe actividades dirixidas, cursos intensivos de natación infantil e formación acuática para persoas adultas con prazas limitadas
Burela incorporará pulseiras detectoras de substancias para reforzar a seguridade durante as festas patronais
O dispositivo distribuirase desde o Punto Lila como medida preventiva fronte á submisión química e ás violencias machistas nos espazos de lecer
Mondoñedo avanza na creación de 11 vivendas públicas coa recuperación de edificios do seu casco histórico
As actuacións, incluídas no programa Rexurbe, permitirán ampliar a oferta residencial e rehabilitar inmobles emblemáticos da localidade
Lourenzá renovará o pavimento da Ponte da Pedra para mellorar a seguridade dos peóns
O Concello investirá 13.500 euros na substitución das actuais táboas de madeira por unha superficie antiescorregadiza financiada pola Deputación de Lugo
A Deputación de Lugo mobiliza máis de 240.000 euros para reforzar servizos municipais e impulsar grandes eventos
Barreiros, Burela e Viveiro recibirán apoio provincial para mellorar prestacións á veciñanza e desenvolver iniciativas culturais, deportivas e musicais
Cervo dá a coñecer as imaxes premiadas do certame fotográfico “Cervo Respecta”
O concurso, coincidiendo co Día Mundial do Medio Ambiente, recoñece fotografías inspiradas na riqueza natural e na sensibilización ambiental
O TSXG avala a reorganización do servizo de emerxencias impulsada polo Concello de Cervo
A sentenza descarta vulneración de dereitos fundamentais e considera xustificadas as medidas adoptadas tras o remate do convenio do GES
Foz renova o camiño de Casanova e prepara novos investimentos na rede viaria rural
O Concello anuncia a próxima licitación dun proxecto de 316.000 euros para mellorar os firmes das nove parroquias do municipio
Cervo reúne esta fin de semana ás promesas do wáter-polo galego na Piscina de Lieiro
O Campionato Galego Alevín-Benxamín Mixto de Verán congregará a preto dun cento de deportistas e converterá o municipio nun referente do deporte base
Alfoz abre as inscricións para unha nova edición do programa estival Ludiverán
A iniciativa ofrecerá actividades lúdicas e educativas para nenos e nenas durante os meses de verán con 30 prazas dispoñibles en cada quenda
O PP de Lourenzá recorre á Valedora do Pobo pola falta de plenos ordinarios no Concello
Os populares denuncian que a corporación non celebra unha sesión ordinaria desde novembro e piden que se garanta o cumprimento do calendario aprobado ao inicio do mandato
Burela acolle un curso para facilitar o acceso á nacionalidade española das persoas estranxeiras
A formación, impulsada por Ecos do Sur, prepara aos participantes para superar a proba CCSE e reforza as accións de integración no municipio
GaliciaXa
A Mariña volve saír á rúa para denunciar as listas de espera na sanidade pública
Arredor de catrocentas persoas participaron na mobilización convocada por SOS Sanidade Pública para reclamar solucións urxentes ante as demoras asistenciais e as derivacións a centros privados
GaliciaXa
O CIM móbil continúa o seu percorrido visitando 13 concellos da provincia de Lugo este mes
O novo delegado territorial, Alfonso Villares, visitou hoxe en Xermade un destes centros, que ofrecen información e asesoramento gratuíto en materia de igualdade e violencia de xénero




