Alfoz celebra o 60 aniversario da Festa dos Chóferes cun intenso programa de música e tradición

A histórica cita, que se desenvolverá ata o domingo, combinará grandes actuacións musicais coa tradicional procesión e bendición de vehículos
Presentación-Festa-Chóferes-Alfoz-2026
29 Jul 2026

Alfoz xa vive a conta atrás para unha das celebracións máis emblemáticas do seu calendario festivo. A Festa dos Chóferes, que este ano alcanza a súa 60ª edición, reunirá entre este xoves e o domingo centos de asistentes arredor dun programa que combina verbenas, tradición e actividades pensadas para todos os públicos.

A programación musical arrancará coa discoteca móbil Eventec, encargada de abrir a festa antes da actuación da orquestra París de Noia, unha das formacións máis recoñecidas do panorama galego. O sábado tomarán o relevo a orquestra Alianza e o Grupo Bomba, que ofrecerán unha nova noite de música e animación, mentres que o domingo será La Tremenda a encargada de poñer o broche final á celebración.

O acto central da festa terá lugar na mañá do domingo, a partir das 12.00 horas, coa tradicional procesión de vehículos polas parroquias, seguida da misa, a bendición dos coches e a entrega de premios aos participantes máis destacados en cada categoría, un dos momentos con maior simbolismo desta histórica celebración.

A organización, a cargo da Asociación Cultural Xuvenil O Castelo, habilitará ademais unha carpa con mesas e unha zona de acampada para facilitar a estancia dos asistentes durante as catro xornadas festivas.

Na presentación oficial da cita participou o delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, quen puxo en valor a longa traxectoria da Festa dos Chóferes e destacou o papel da veciñanza por manter viva esta tradición ao longo de seis décadas. Así mesmo, sinalou que o evento constitúe un importante atractivo turístico e un elemento de identidade para o municipio.

Co cartel xa pechado e os últimos preparativos en marcha, Alfoz prepárase para celebrar unha edición moi especial dunha festa que cada verán reúne a veciños e visitantes arredor da música, a convivencia e a paixón polo motor.

PROGRAMA

0.10726594924927