Novas de Xove
A área recreativa de Vilachá estrea mobiliario e un novo peche perimetral
A actuación, financiada integramente por Turismo de Galicia, supuxo un investimento de 18.062,88 euros e permitiu substituír as mesas e o valado deteriorados
Rematan as obras de renovación do saneamento e pavimentación da rúa de acceso ao campo de fútbol
A actuación respondeu á necesidade de correxir as deficiencias estruturais que provocaban filtracións e verteduras ás parcelas lindeiras, ademais de malos olores e condicións de insalubridade naquela zona
O PSdeG de Xove reclama un novo pavillón multiúsos e propón financiar o 70 % con fondos externos
Os socialistas consideran que o recinto actual non responde ás necesidades deportivas e culturais do municipio e propoñen estudar a súa construción na zona norte do parque
A falta de pediatra en Xove leva a Plataforma Sanitaria da Mariña a convocar unha protesta
A concentración será o martes 27 de outubro diante do centro de saúde, tras case un mes sen atención pediátrica tamén en San Cibrao
O programa Da Escola á Granxa amosa a nenas e nenos a moenda no Muíño de Coea, en Castro de Rei
Estudantado do CEIP Caselles Rollán de Xove participou esta mañá nunha das máis de 200 actividades formativas do programa
A conselleira do Mar visita o Porto xovense de Morás para afondar no proxecto de mellora do abrigo
Marta Villaverde acudiu acompañada da presidenta de Portos de Galicia e do alcalde desta localidade, a quen lle explicou os prazos de tramitación para a licitación da obra do novo dique
Vinte persoas fórmanse en xardinería no obradoiro de emprego de Cervo, Burela e Xove
O programa 'Sendas de Burela, Cervo e Xove XII' desenvolverase durante nove meses e combinará formación teórica con traballos de mellora e conservación de espazos públicos
A Mariña COGAMI renovará a calefacción do seu centro de Xove con enerxías renovables
A actuación beneficiará a 139 persoas e permitirá reducir o consumo enerxético e as emisións contaminantes mediante a instalación de aerotermia e paneis fotovoltaicos
O PSOE de Xove destaca o acordo para arranxar a maioría das estradas municipais
A formación socialista lembra que a mellora da rede viaria era un dos seus obxectivos desde as eleccións municipais de 2023 e reivindica o seu traballo para contribuír a facela realidade.
A estrada entre Xove e o Portiño de Morás terá cortes de tráfico do 13 ao 16 de outubro
As restricións afectarán a varios treitos da LU-P-2601 polo inicio das obras de aglomerado en quente e habilitaranse desvíos sinalizados
O PSdeG de Xove reclama respostas do Goberno local sobre a auga, a vivenda e os servizos municipais
Os socialistas cuestionan o rexeitamento do PP á súa proposta sobre o canon da auga e piden compromisos concretos para as instalacións deportivas e a atención á veciñanza
O PSOE de Xove leva ao pleno a reclamación dun reparto transparente do canon da auga
Os socialistas pedirán tamén impulsar un novo pavillón multiusos e reclamarán información sobre o centro de día, o SAF e a vivenda social
Xove ultima os preparativos para celebrar o seu XV Encontro de Palilleiras
A cita reunirá ás afeccionadas ao encaixe de palillos nunha xornada de mañá e tarde e mantén abertas as inscricións ata o 30 de setembro
Xove acolle este sábado a XIII Copa de Bolos Concello por parellas
A competición celebrarase o 3 de outubro na Bolera Municipal de Sumoas e dará inicio á XXXVIII tempada de bolos no municipio
As dez peñas do Real Madrid na provincia de Lugo reúnense por primeira vez nun encontro con 200 afeccionados
A xuntanza celebrouse no Pazo de Feiras e contou coa presenza de representantes do club e de antigos deportistas como Agustín Rodríguez, Chechu Biriukov e Alfredo Escobar
Ecoloxistas denuncian novas nubes de po procedentes da balsa de lodos vermellos de Alcoa
Atlántica e Verde asegura que o episodio se produciu o 21 de setembro e reclama ás administracións que investiguen os feitos, adopten medidas cautelares e inspeccionen as posibles afeccións ambientais e para a saúde
A Festa do Ramo pecha a tempada festiva de Xove celebrando vinte anos no Alto do Cruceiro
A cita porá o broche ás festas do municipio cun programa de tres días que reunirá a Festa dos Callos, verbenas, tradición e sesións vermú
Eventos
Xove remata a mellora da curva das Gulpilleiras cun investimento de máis de 370.000 euros
A actuación incorporou un terceiro carril para facilitar os desvíos cara a Soutorredondo e Vila, un muro de contención e a renovación dun tramo da rede de abastecemento de auga
Xove acollerá en outubro dúas xornadas de ITV para vehículos agrícolas
A unidade de inspección instalarase no aparcadoiro do Centro de Saúde e atenderá durante toda a xornada do martes e a mañá do mércores, con cita previa
A Deputación actúa en estradas de Xove e Mondoñedo con melloras no firme e na seguridade
En Xove avanza un proxecto de máis de 810.000 euros en tres vías provinciais, mentres que en Mondoñedo comeza a rehabilitación de 2,6 quilómetros da estrada entre Viloalle e Figueiras
O PSdeG de Xove reclama que o futuro centro de día adapte as tarifas á renda dos usuarios
Os socialistas consideran que os prezos previstos son similares aos dun centro privado e levaron tamén ao pleno problemas de accesibilidade, seguridade peonil e actuacións pendentes
Xove celebrarase sobre dúas rodas cunha nova edición do Día da Bicicleta
A actividade partirá ás 11.00 horas da Praza do Concello e contará cun percorrido de entre 10 e 15 quilómetros para maiores de 7 anos e outro adaptado aos máis pequenos
Xove acollerá a exposición ‘Misión Afganistán’ con fotografías e material das Forzas Armadas
A mostra reúne 30 imaxes, paneis informativos, uniformes e diverso material sobre o labor desenvolvido polas Forzas Armadas españolas no país
Xove contará con seis alumnos-traballadores no novo obradoiro de emprego con Burela e Cervo
O programa formará a 20 persoas en xardinaría durante 1.440 horas e permitirá realizar actuacións en zonas verdes, espazos municipais e rutas de sendeirismo










